_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O derribo dunha casa ruinosa en Rodrigo de Mendoza permitirá mellorar a accesibilidade e seguridade viaria na rúa Figueira

O vello chalé de titularidade municipal situado na intersección entre a Avenida Rodrigo de Mendoza e a Rúa Figueira será eliminado co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria neste acceso ao barrio de As Bocas. O Concello decidiu demoler a vivenda que se atopa en estado ruinoso e que, pese a ser tapiada en varias ocasións, presenta problemas de inseguridade ante o acceso non autorizado de persoas ao seu interior. A proposta para contratar a redacción do proxecto de demolición será abordada na Xunta de Goberno local que se celebra este martes.
17.08.2019.- O deplorable estado no que se atopa o inmoble impedía rehabilitado para outro uso, polo que o Concello opta pola súa demolición. A medida permitirá mellorar as condicións de seguridade na zona, tanto para os peóns como para os vehículos, posto que ao abrir a curva na intersección, os condutores gañan visibilidade e espazo para manobrar e quedará superficie suficiente para construír beirarrúas neste tramo da vía.

Esta actuación completará ás obras que están a piques de comezar coa execución do proxecto de "Mellora Integral da Mobilidade e Seguridade Viaria nas rúas da Contorna de Fexdega", que se financia a través do programa provincial DepoRemse. Esta obra, xa adxudicada a Nexia Infraestrruturas por 260.199 euros, afectará as rúas Figueira, Nogueira e Limoeiro, que rodean o recinto feiral de Fexdega e que, dende hai uns anos incrementaron considerablemente o fluxo de tráfico rodado ao utilizarse como alternativa a Rodrigo de Mendoza e tamén debido ao fluxo de persoas e vehículos que xeran os eventos que acollen as instalacións feirais da Maroma.

Outro derribo na Rúa Limoeiro

Con estas obras ensancharanse viais, crearanse e ampliaranse beirarrúas, renovaranse os servizos de auga, saneamento e electricidade e se mellorará a sinalización horizontal e vertical da zona. Ademais, neste proxecto está previsto outro derribo. Trátase dun alboio situado ao remate da Rúa Limoeiro, na intersección coa avenida Agustín Romero, que tamén incidirá na mellora da seguridade viaria ao ensanchar este cruce actualmente regulado por semáforos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -