_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía solicita fondos europeos para executar o carril bici no Paseo Marítimo

O goberno local ten a firme intención de dotar de carril bici ao Paseo Marítimo. Aos pasos dados xa no anterior mandato, xestionando ante Costas do Estado os permisos necesarios para executar a actuación a través dunha concesión administrativa dos terreos, súmase agora a busca de financiamento para levar a cabo a obra. Con este fin, o Concello concorrerá a unha nova convocatoria de axudas europeas tendentes a financiar "proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono". Este programa dotado de fondos FEDER cubre o 80% do custe dos proxectos seleccionados, o que suporía un importante aforro para o Concello de Vilagarcía que solicita unha axuda de 1.102.807 euros, aos que a administración local achegaría 275.701 euros máis para completar o custe da obra.
19.08.2019.- A solicitude, que se tramita a través do Ministerio de Transición Ecolóxica de España, encaixa na liña 8 do Real Decreto que regula estas axudas europeas, a destinada a financiar a implantación de plans de mobilidade urbana sostible. Como se sabe, dentro das múltiples estratexias a favor do uso dos medios de transporte sostibles, o Concello de Vilagarcía está apostando pola bicicleta como principal alternativa ao emprego do vehículo privado na cidade. E no marco destas políticas, atópase a creación de infraestruturas que promovan e permitan o uso seguro da bicicleta, como o carril bici no Paseo Marítimo, ou as ciclovías pola rede viaria urbana. De feito, o Concello tamén tramitou hai uns meses unha solicitude para financiar a construción das ciclovías a través desta mesma liña de axudas FEDER.

En cando ao carril bici do Paseo Marítimo, o Concello dispón xa dende hai meses do anteproxecto. Segundo o estudio elaborado por AM2 Arquitectos, o carril bici terá unha lonxitude de 1.273,50 metros, e 3 metros de ancho total. A infraestrutura partirá da zona do Ramal, conectando co tramo de carril que na actualidade conclúe aí, e remataría á altura do espigón da Rúa San Andrés (onde o lavadoiro). O carril discorrerá pola parte exterior do Paseo Marítimo, é dicir ocupando terreo da praia, e ata onde o permite o propio ancho do areal.

A superficie construirase sobre unha base de formigón armado de 20 centímetros de espesor que se cubrirá cun pavimento específico para a rodadura de bicicletas, coa adherencia necesaria e cunha gran durabilidade. A plataforma, que será de cor verde, dividirase nunha zona de circulación de bicicletas –con un carril para cada sentido- e unha zona denominada “buffer” que separará lateralmente o carril bici do paseo peonil. No lateral oposto, ó que da á praia, instalarase un borde duns 10 centímetros de alto para evitar que a area penetre na senda ciclista. A actuación inclúe o pintado de toda a sinalética horizontal, na que se prevén pasos de peóns para que a xente poida atravesar dende o paseo cara á praia, e tamén se propón a plantación de árbores e a instalación de bancos ao longo na nova infraestrutura.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -