_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O popular Blas Cantó animará a velada na Xunqueira nunha xornada na que tamén haberá contacontos inclusivos

O nome do día na axenda das festas de San Roque para hoxe, xoves 22 de agosto, é o de Blas Cantó. O popular cantante ídolo da mocidade actuará a partir das 23:00 horas no Parque da Xunqueira nun concerto gratuíto, como todos os incluídos nas festas de Vilagarcía. A xornada incluirá outras actividades de animación, como pascalles a cargo de grupos folclóricos da cidade, e haberá unha sesión de contacontos inclusiva, traducida ao linguaxe de signos, para que os nenos e nenas e demais persoas con discapacidade auditiva poidan gozar tamén deste acto lúdico. E o público máis tradicional poderá divertirse e bailar na verbena popular que a orquestra Miramar ofrecerá a partir das 22:30 horas na Praza da II República, actividade trasladada a mañá debido á previsión de chuvia da pasada fin de semana.
22.08.2019.- Aínda que Blas Cantó iniciouse no mundo da canción sendo moi neno con participacións destacadas en concursos televisivos como o “Veo Veo”, de Teresa Rabal ou “Eurojunior”, no que quedara segundo tras María Isabel, a súa carreira profesional comezou como integrante da boy band Auryn, da que era integrante e vocalista, e que se converteu nun fenómeno para o público xuvenil. Pero onde pasou a ser unha verdadeira estrela mediática foi no programa de televisión “Tu cara me suena”, resultando gañador da quinta edición, a do ano 2016-17. Coincidindo con es etapa inicia a súa carreira en solitario sacando singles como “In your bed” e “Drunk and irresponsible”.

O máis grande éxito de Blas Cantó chegoulle co tema “Él no soy yo”, composto por Leroy Sánchez e co que obtivo disco de ouro e de platino, con máis de 51 millóns de reproducións no videoclip oficial en youtube e que foi número 1 da lista de Los 40 Principales. O 14 de setembro de 2018, Blas Cantó publicou o seu primeiro álbum en solitario “Complicado” que so unha semana despois da súa estrea acadou o primeiro posto entre os discos máis vendidos de España. Os temas deste álbum, entre os que se inclúen “El no soy yo”, son os que presentará no concerto de mañá en Vilagarcía.



XOVES 22 AGOSTO

12:00 – Praza Independencia
Contacontos inclusivo en lingua de signos para os pequenos
(de 2 a 6 anos)
Xestiona: Xoga (Organización de Discapacidades sensorial de Galicia)

Organiza: Concello de Vilagarcía de Arousa

12:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Malveiras

20:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas e Baile Xeada de Cornazo

23:00 – Parque da Xunqueira
CONCERTO
Blas Cantó
Aínda que Blas Cantó iniciouse no mundo da canción sendo moi neno, a súa carreira profesional comezou como integrante da boy band Auryn, da que era integrante e vocalista, e que se converteu nun fenómeno para o publico xuvenil. Pero onde pasou a ser unha verdadeira estrela mediática foi no programa televisivo “Tu cara me suena”, resultando gañador da quinta edición, a do ano 2016-17. Coincidindo con esa etapa inicia a súa carreira en solitario sacando singles como “In your bed” e “Drunk and irresponsible”. O máis grande éxito chegoulle co tema “El no soy yo”, co que obtivo disco de ouro e platino.
ENTRADA GRATUITA

Patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -