_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
A Festa do Voluntariado celebra o sábado a súa maioría de idade coa participación de 20 entidades sociais

A solidariedade tamén está moi presente durante as festas en Vilagarcía. De feito, este sábado, coincidindo co último fin de semana das celebracións de San Roque, terá lugar unha nova edición da Festa do Voluntariado, un evento organizado pola Concellería de Xuventude co obxectivo de dar a coñecer a labor que realizan as entidades sociais que operan no municipio e incentivar a captación de novos voluntarios. A deste ano será a décimo oitava edición da festa que celebrará a súa maioría de idade coa participación de 20 colectivos que se reunirán na Praza de Galicia e desenvolverán actividades abertas ao público como obradoiros de manualidades, demostración de rescate, exhibición canina e ata animación con personaxes da saga Star Wars. Será entre as 11 e as 14 horas.
22.08.2019.- A Festa do Voluntariado está dirixida ao público en xeral, pero tamén a técnicos, directores e coordinadores de programas de voluntariado, organizacións xuvenís e de voluntariado, voluntarios, entidades non gubernamentais, investigadores, institucións educativas e similares. O evento pretende crear un espazo de encontro para o estudo do fenómeno da solidariedade en xeral e da solidariedade xuvenil en particular, a través do intercambio de experiencias, do contacto coas diversas ONG’s institucións e organizacións que traballan neste campo.

As entidades que participan na Festa este ano son: Cruz Vermella O Salnés, Asociación Xuvenil Arousa Moza, Asociación galega de Lindefema, Fundación Amigos de Galicia, APAP (Asociación Protectora de Animais e Plantas), Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilagarcía, Con Eles (Asociación de Diminuídos psíquicos), Lar Pro Saúde Mental, AFASAL (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer), Proxecto Home, Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Asociación Española contra o Cancro, Fundación Artiaga, Areva (Asociación de Alcohólicos Rehabilitados), Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación TDAH Salnés, Callejeritos Colonias sen Fogar, Fundación Aldaba, APACOS (Asociación de Pais e Nais do centro Ocupacional de Saiar) e Asociación ALCER (Asociación de Loita contra enfermidades do ril).

Todas as entidades disporán do seu respectivo stand informativo. Ademais, moitas delas agasallarán aos presentes con actividades como o obradoiro de manualidades con materiais de refugallo que desenvolverá Cruz Vermella, os xogos infantís dirixidos por Arousa Moza e o desfile canino organizado pola Protectora de Animais e que contará coa presenza de Joel Padín, o rapaz gañador do concurso da TVG “Pequenos Fenómenos).

No apartado das exhibicións tamén intervirás os voluntarios de Protección Civil facendo unha demostración dalgunhas labores das que realizan habitualmente, e no dos obradoiros, o de arte que realizará a Asociación TDAH. Pola súa banda, a Fundación Aldaba sensibilizará aos presentes en relación ao voluntariado a través de xogos colaborativos e ALCER traerá ata a Praza de Galicia aos personaxes de Star Wars cos que acude a animar aos nenos e nenas hospitalizados.
Outras entidades exhibirán y porán a venta os produtos que elaboran os seus usuarios nos obradoiros ocupacionais que desenvolven durante todo o ano e cuxos ingresos destinaranse a fins solidarios, como a venta de produtos de comercio xusto que realiza Solidariedade Internacional, ou os traballos artesanais que confeccionan os usuarios do centro Ocupacional de Saiar ou de Con Eles.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -