_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EMPREGO
O Concello pon en marcha o procedemento para seleccionar ao alumnado do obradoiro Labora Xove19

O Concello de Vilagarcía vén de poñer en marcha o procedemento para a posta en marcha dunha nova edición do Obradoiro de Emprego Labora Xoven a partir de outono. Ante o inminente inicio por parte do Servizo Público de Emprego (antigo INEM) da realización das sondaxes para a selección de aspirantes a participar nesta acción formativa, a Concellería de Formación e Emprego do Concello de Vilagarcía informa á poboación desempregada dos requisitos formativos que se deben cumprir para acceder ao proceso selectivo. Estes requisitos así como as bases e baremos para a selección do persoal docente e directivo tamén se poden consultar no taboleiro de anuncios deste portal.
23.08.2019.- O Labora Xove está dirixido a mozos e mozas desempregados de 18 ou máis anos. A través deste programa de formación e aprendizaxe formarase a 8 persoas na modalidade de “Socorrismo en espazos acuáticos” e a outras 8 en “Promoción Turística local e información ao visitante” co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral a través de profesións con demanda no mercado de traballo e de cara ao vindeiro Ano santo Xacobeo. O Concello porá en marcha nos vindeiros días o mecanismo para a selección do alumnado, profesorado e equipo directivo do obradoiro que terá unha duración de 6 meses.

Os interesados en participar no Labora Xove 18, tanto como alumnos como persoal docente, deberán estar inscritos como demandantes de Emprego nas listas do Servizo Público de Emprego (antigo INEM). Para participar na selección do alumnado deberán cumprir o perfil e algún dos requisitos indicados na Orde da Consellería:

SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS. Certificado de profesionalidadenivel 2:
a) Estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo o módulos formativos e/o do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder.
c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área.
d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grado medio para o nivel 2, ou ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.

PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL E INFORMACIÓN AO VISITANTE. Certificado de profesionalidade de nivel 3:
a) Estar en posesión do Título de Bacharelato.
b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo o módulos formativos e/o do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder.
c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
d) Cumprir o requisito académico de acceso os ciclos formativos de grado superior, ou ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -