_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A praia da Concha-Compostela recupera a normalidade tras terse disipado o episodio da alga que onte tinguiu as augas de amarelo

A praia da Concha-Compostela volve a estar aberta ao baño despois do peche preventivo decretado onte tras detectarse unha coloración anómala das augas. A bandeira verde volveuse a izar esta mañá, tras comprobar o Servizo Municipal de Emerxencias que a mancha aparecida onte pola tarde desaparecera por completo, tal como se esperaba ao sospeitar que o episodio debíase a un proceso natural e inocuo propiciado polo efecto das altas temperaturas nun alga.
24.08.2019.- Todos os indicios comentados onte e que apuntaban cara esta hipótese inicial sumaron hoxe unha nova evidencia ao comprobarse nas mostras tomadas para levar a analizar que, tras a noite en repouso, a substancia que tinguía as augas dunha cor entre amarelo e parduzo, decantara ao fondo dos recipientes, o que non acontecería de tratarse dun verquido ou dunha substancia química. Igual que onte, a mostra tampouco ulía.

Outros datos que inclinaban a balanza ao proceso natural da bioquímica dun alga como consecuencia dos efectos das altas temperaturas dos últimos días –tanto externas como do propio mar- era que a mancha, formada na zona do Ramal, se foi desprazando e estendendo de forma uniforme cara a Compostela arrastrada polo vento do sur. De tratarse dun verquido, o comportamento non sería este, senón que se iría diluíndo a medida que se separaba do punto de orixe. Estes aspectos foron sinalados onte xa na inspección preliminar realizada por persoal do Intecmar, centro ao que le levaron as mostras para proceder ao seu análise o luns.

Ademais, a posible orixe dun verquido procedente da rede municipal de saneamento quedou totalmente descartado xa onte pola tarde, tras a inspección realizada polos servizos técnicos municipais que corroboraron que todo o tramo de colectores que discorre entre Carril e O Ramal estaba completamente limpo e sen obstrucións e que o bombeo da Concha funcionaba correctamente.

Tras o peche preventivo de onte pola tarde, os usuarios da Concha-Compostela poden gozar hoxe dun espléndido de praia, tomando o sol e bañándose con total tranquilidade nas súas augas, como así o indica a bandeira verde que volver a ondear no areal. O Servizo de Emerxencias deixou no posto de socorro da Compostela un recipiente cunha das mostras tomadas onte, a disposición das persoas que queiran ver o decantado da alga.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -