_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Vilagarcía concede as dúas primeiras licencias para construción de vivenda colectiva en dez anos

A orde do día da sesión do Consello da Xerencia de Urbanismo celebrada esta semana incluía un punto completamente ausente nos asuntos a tratar na última década: A solicitude de licenza para a construción de vivenda colectiva. Despois de dez anos de absoluta parálise como consecuencia da crise económica, o Concello acaba de autorizar os proxectos para edificar dous bloques de pisos na Avenida Rodrigo de Mendoza. E a xulgar polos movementos realizados por promotores locais nos últimos meses, solicitando información no Concello sobre outras posibles actuacións, semella que desta semana podería non tratarse dun caso illado.
24.08.2019.- A orde do día da sesión do Consello da Xerencia de Urbanismo celebrada esta semana incluía un punto completamente ausente nos asuntos a tratar na última década: A solicitude de licenza para a construción de vivenda colectiva. Despois de dez anos de absoluta parálise como consecuencia da crise económica, o Concello acaba de autorizar os proxectos para edificar dous bloques de pisos na Avenida Rodrigo de Mendoza. E a xulgar polos movementos realizados por promotores locais nos últimos meses, solicitando información no Concello sobre outras posibles actuacións, semella que desta semana podería non tratarse dun caso illado.

As obras que xa dispoñen de licenza permitirán continuar a liña de edificación da Avenida Rodrigo de Mendoza na fronte oposta ao parque da Coca. Os novos bloques irán xusto a continuación do último edificio e seguirán a liña do curso do río na curva que fai antes despois de atravesar baixo a estrada. Os edificios terán 5 e 6 alturas, como o resto dos da zona, e contarán con 17 e 24 vivendas.
O desenvolvemento destes dous solares implica a cesión pública da franxa de terreo de protección fluvial paralela ao curso do río. Esta cesión permitirá dar continuidade ao paseo fluvial creando unha senda de entre 5 e 7 metros de ancho a ese lado da avenida e que no futuro, coa cesión similar prevista no desenvolvemento do último dos solares da zona –o que cobre a esquina coa Rúa Ramón Cabanillas, enlazará A Coca co paseo por Celso Emilio Ferreiro e García de Caamaño ata a desembocadura do Con.

O inicio da tramitación dos proxectos informados favorablemente polos servizos técnicos municipais y que obtiveron licenza esta semana, remóntase ao ano 2008, xusto antes da entrada en vigor das novas normas de habitabilidade aprobadas pola Xunta. Ao tratarse de requisitos máis restritivos que os da lei entón en vigor, o Concello de Vilagarcía, como na maioría dos de Galicia, rexistrou a entrada en avalancha de solicitudes de licenza para manter as condicións máis favorables de edificabilidade. Pero a inmensa maioría destes proxectos quedaron en stand by e non chegaron a executarse como consecuencia coa chegada da crise económica e o estoupido da burbulla inmobiliaria que pasou factura ao sector da construción. Unha década despois semella que o mercado empeza a calmarse e os promotores locais volven a visitar o departamento de Urbanismo para poñerse ao corrente e requirir información sobre aqueles proxectos conxelados dende 2008.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -