EDUCACIÓN
As Axudas Municipais á Escolarización en Educación Infantil pódense solicitar ata o 16 de setembro A Concellería de Educación informa de que xa está aberto o segundo prazo para solicitar as Axudas Municipais á Escolarización Infantil que se convocan dende hai anos para aliviar o desembolso que deben facer as familias para a compra de materiais a principio de curso. O Concello establece esta segunda convocatoria xusto antes de comezar o curso para que as familias que escolarizaron aos seus fillos ou obtiveron praza nos centros educativos á última hora, non queden fora destas axudas. O tramite pode realizarse ata o 16 de setembro.
03.08.2019.- O Concello dispón dunha partida de 15.000 euros para estas axudas destinadas ás unidades familiares de convivencia residentes e empadroados no Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil (de 0 a 6 anos), nos centros de ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa. A axuda por escolar ascende a 60 euros.
Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que esta é unha medida imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo estas axudas que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar, a computar segundo a declaración da Renda relativa ao exercicio de 2018. No caso de que as solicitudes que cumpran os requisitos superen a consignación orzamentaria dispoñibles, as axudas concederanse seguindo a orde da renta per cápita, comezando polas inferiores e ata esgotar a partida.
Os interesados obter os formularios e consultar as bases no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal ou nos departamentos municipais de Educación e Servizos Sociais. As solicitudes deberán presentarse no rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 13.45 horas.