XUVENTUDE
O proxecto Millennials chega a Vilagarcía cun curso de Deseño e prototipado por impresión 3D para a mocidade O programa de accións formativas que desenvolve anualmente a Concellería de Xuventude para mellorar a empregrabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral da mocidade vilagarciá inclúe este outono un interesante curso de “Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado” organizado a través do Proxecto Millennials da Deputación Provincial de Pontevedra subvencionado polo Fondo Social Europeo. Dezaoito mozos desempregados de entre 16 e 30 anos poderán formarse totalmente gratis neste curso que se impartirá do 16 de setembro ao 15 de novembro no centro de Formación de Matosinhos, de luns a venres e con horario de 9 a 14 horas. Os interesados deben inscribirse a través do enderezo https://www.depo.gal/proxecto_millennials
03.09.2019.- Este curso está dirixido a mozos e mozas menores de 30 años, beneficiarios no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (inscritos nas listas de demandantes o no Servizo Público de Emprego), con nivel de estudos mínimo desexable de Bacharelato ou FP grado medio e con compromiso de implicación durante as semanas que dura a formación.
Con esta actividade preténdese formar traballadores que poidan abarcar tarefas relacionadas co el Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado, un sector en auxe e moi demandado polos empregadores. Tamén se busca que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para ter capacidade propia de desenvolverse neste sector.
O curso ten unha duración de 316 horas, das cales 200 son horas lectivas, 16 horas de titorías técnicas e de empregabilidade, e 100 horas de carga estimada de traballo do alumnado en proxectos individualizados.
A formación será impartida por profesionales/formadores coñecedores do sector e que dispoñen de contactos continuos con empresas do sector e que colaborarán na inserción laboral dos alumnos.
Os contidos a abordar na actividade son: • Módulo de deseño industrial CAD (90 h) o Introdución (3 h) o Croquización (20 h) o Modelaxe de pezas básicas (30 h) o Operación en ensamblaxes (17 h) • Módulo de mecanizado CNC (90 h) o Contorno, deseño alámbrico e manipulación (20 h) o Xeneralidades CAM (5 h) o Operacións de mecanizado 2D (15 h) o Operacións de mecanizado 3D (30 h) • Módulo de impresión 3D (60 h) o Introdución (8 h) o Deseño paramétrico para pezas de FDM (30 h) o Deseño non paramétrico para pezas de FDM (8 h) o Impresión mediante software libre (14 h) • Empregabilidade (16 h)