_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Amplíase o prazo de inscrición no curso gratuíto de Deseño Prototipado por Impresión 3D

Concellería de Xuventude informa de que se amplía o prazo de inscrición no curso gratuíto que de Deseño e prototipado rápido por impresión 3D que, finalmente se impartirá do 1 de outubro ao 2 de decembro no Centro Municipal de Formación de Matosinhos. A actividade está dirixida á mocidade de 16 a 30 anos e ofértase a través do proxecto Millennials da Deputación de Pontevedra cuxo obxectivo é mellorar a empregrabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral da mocidade. Os interesados poden anotarse a través do enderezo https://www.depo.gal/proxecto_millennials
10.09.2019.- Dezaoito mozos desempregados de entre 16 e 30 anos poderán formarse totalmente gratis neste curso subvencionado polo Fondo Social Europeo. Trátase dunha actividade con moito potencial debido a que se trata dun sector das novas tecnoloxías moi en auxe e con moitas aplicacións.
O curso ten unha duración de 316 horas, das cales 200 son horas lectivas, 16 horas de titorías técnicas e de empregabilidade, e 100 horas de carga estimada de traballo do alumnado en proxectos individualizados. A formación será impartida por profesionais/formadores coñecedores do sector e que dispoñen de contactos continuos con empresas do sector e que colaborarán na inserción laboral dos alumnos.

Os contidos a abordar na actividade son:
• Módulo de deseño industrial CAD (90 h)
o Introdución (3 h)
o Croquización (20 h)
o Modelaxe de pezas básicas (30 h)
o Operación en ensamblaxes (17 h)
• Módulo de mecanizado CNC (90 h)
o Contorno, deseño alámbrico e manipulación (20 h)
o Xeneralidades CAM (5 h)
o Operacións de mecanizado 2D (15 h)
o Operacións de mecanizado 3D (30 h)
• Módulo de impresión 3D (60 h)
o Introdución (8 h)
o Deseño paramétrico para pezas de FDM (30 h)
o Deseño non paramétrico para pezas de FDM (8 h)
o Impresión mediante software libre (14 h)
• Empregabilidade (16 h)

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -