_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As melloras no campo municipal de fútbol de Vilaxoán rematan a vindeira semana

Os usuarios do campo municipal de fútbol de Vilaxoán poderán estrear o novo terreo de xogo a vindeira semana, prazo no que está previsto que conclúan as obras de mellora promovidas polo Concello e financiadas pola Deputación provincial. Así o anunciou o alcalde, Alberto Varela, na visita ás instalacións realizada hoxe na compaña dos deputados provinciais Carlos López Font e Manuel González, para comprobar o estado dos traballos nos que se investiron 199.982 euros e que consistiron na renovación da herba artificial e acondicionamento dos muros de peche.
10.09.2019.- As obras, adxudicadas á empresa Mondo Ibérica financiáronse con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2018/19 da Deputación. O proxecto redactado polo Concello tiña como obxectivo mellorar as condicións das instalacións tanto de cara á práctica deportiva como para o público que acude a presenciar os partidos dos distintos clubs que usan o campo municipal.

No terreo deportivo, o cambio da herba artificial repercutirá nunha maior seguridade dos deportistas, que se vía seriamente comprometida co céspede anterior, que se atopaba moi compactado e duro debido ao uso intensivo durante toda unha década. A nova herba artificial é de última xeración, de maior calidade e perfectamente adaptada ao uso deportivo. Ademais, cumpre os requisitos de calidade esixidos pola FIFA. Os trabalos incluíron o pintado do terreo de xogo con liñas de marcaxe para fútbol 11 e fútbol 7, conforme á regulamentación vixente. Temán se levantaron, limparon e revisaron todas as rexillas de drenaxe perimetral do tapiz.

Fora do terreo de xogo propiamente dito, os traballos tamén melloraron os muros do pechamento do campo. A obra máis importante foi a executada na parede do fondo norte que presentaba problemas de inestabilidade. Este muro recontruiuse por completo en formigón armado e aceiro. O peche da banda leste acondicionouse e pintouse para mellorar a súa imaxe.
A execución deste proxecto foi un compromiso adquirido polo do goberno local no marco do Plan de Mellora das Infraestruturas Deportivas Municipais que tamén inclúe importantes obras no estadio da Lomba. Anteriormente, no campo de Vilaxoán xa se levara a cabo a reforma dos aseos públicos, unha demanda dos usuarios das instalacións deportivas.

Durante a visita de hoxe, o alcalde agradeceu a colaboración da Deputación e as facilidades que da aos Concellos para distribuír ao seu criterio os fondos dos que van a dispoñer, coñecendo de antemán a contía dos mesmos. Pola súa banda, López Font salientou o bo uso que o Concello de Vilagarcía está dando aos investimentos financiados polo organismo provincial.

A escola Infantil de Vilaxoán e as varandas do Con

Tras a visita ao campo de Vilaxoán, localidade onde a Deputación tamén financiou a construción do edificio da nova Escola Infantil, a comitiva desprazouse ata o río do Con para comprobar o resultado da renovación das varandas do río na contorna de Vista Alegre e o Parque da Xunqueira, actuacións igualmente financiadas polo organismo provincial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -