_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
As obras do plan de mellora do alumeado público no rural comezaron pola rúa do Pazo, en Rubiáns

O Plan de Renovación e Mellora do Alumeado Público no Rural, mediante o que se substituirán 1.330 puntos de luz en 23 rúas e camiños atópase xa en plena execución. O servizo de Alumeado do Concello iniciou o pasado xoves os traballos pola Rúa do Pazo, en Rubiáns, e agora continúan polo rueiro de Cea. Nesta importante actuación o Concello inviste 191.510 euros que se financian integramente a través das arcas municipais.
17.09.2019.- Esta primeira fase de renovación do alumeado público no rural desenvolverase en tramos da Rúa Xiabre (xunto á canteira), Rúa do Cruceiro de Galáns, Rúa do Pazo, Rúa Combe, Rubiáns de Arriba, Rúa Veiga de Abaixo, lugar de Xesteira, carreteira Piñeiro, Rúa Canteira e Campo da Festa (A Laxe), lugar de O Lago, Rúa San Antonio (Faxilde), Rúas Amizade e Progreso (A Torre), Rúa Sobradelo e Campo da Festa, Rúa Sarxento Solla, Rúa Espiñeiros (Cea), Rúa Lagoa, Vilar de Arriba, Fontecarmoa (xunto a rotonda da vía rápida), Quintáns- carreteira Zamar, Praza Lino Arcos Salgado e Río Leiro (Zamar), Rúa Souto e Cornazo de Abaixo (Cornazo), Rúa Antuín (Trabanca Badiña), Calle Sobreira e Urbanización O Rial, Rúa As Carballas e Rúa Curvelas (Cea).

A actuación que acaba de comezar ten como finalidade mellorar a calidade do servizo de alumeado público no marco das políticas de aforro e eficiencia enerxética iniciadas xa hai uns anos. Os traballos que están a levar a cabo os operarios do Servizo Municipal de Alumeado consisten na substitución das actuais lámpadas por outras de tecnoloxía led, que consumen moita menos enerxía e melloran a calidade lumínica. En concreto, adquiríronse 810 unidades de luminarias de vial LED de 50 watios e 520 de 30W.

O proxecto, ademais de mellorar a eficiencia enerxética do servizo público, tamén é unha eficaz medida de aforro xa que, a adaptación á tecnoloxía LED suporá a redución dun 69,23% respecto ao consumo eléctrico actual nestas zonas, o que monetariamente se traduce nun aforro anual de 69.164 euros, segundo se indica na memoria realizada polos Servizo Municipal de Electricidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -