_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A avenida Doutor Tourón recupera os dous sentidos de circulación tras a elevación do paso de peóns de Matosinhos

Esta tarde está prevista a reapertura da Avenida Doutor Tourón á altura do cruce con Matosinhos ao darse por rematados os traballos de elevación do paso de peóns situado fronte as Torres Caixanova. A vía recupera os dous sentidos da circulación habituais, polo que xa non será preciso desviar o tráfico por López Cuevillas e Vista Alegre. A obra na vía aínda terá que completarse co asfaltado da calzada, traballos que elevarán o nivel da mesma e que, consecuentemente, reducirán a altura actual do paso elevado.
18.09.2019. A elevación da plataforma e do paso de peóns no cruce de Matosinhos é unha das medidas de seguridade viaria prevista no proxecto de Rexeneración Urbana no Parque de Matosinhos e Rúas da Contorna que está a levar a cabo o Concello de Vilagarcía. A medida era especialmente necesaria ao tratarse a Avenida Doutor Tourón dunha das arterias con maior intensidade de tráfico da cidade e ao ser este paso de peóns o punto de cruce obrigatorio para os centos de nenos e nenas que acoden a diario aos centros educativos situados no recinto da Lomba, ademais de atoparse a carón da parada do transporte urbano que tamén será remodelada con criterios de accesibilidade.

O carril de saída da cidade neste tramo de Doutor Tourón quedou inutilizado o pasado 3 de setembro para poder acometer a obra, quedando operativo o sentido de entrada á cidade. O desvío, que se limitaba a bordear a mazá, non provocou ningún tipo de incidencia no tráfico durante os 15 días nos que se desenvolveron as obras. Este prazo foi necesario debido ao tempo que se necesitou para a preparación do terreo e para o correcto fraguado e secado do formigonado da plataforma.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -