CONCELLO
A Policía Local presenta os tres novos vehículos híbridos adquiridos polo Concello A Policía Local presentou hoxe os tres novos vehículos cos que se renovará o seu parque móbil e nos que o Concello inviste 148.222 euros. Tratase de trs Toyota Prius, híbridos e dotados con todos os equipamentos e especificacións que contempla a lei para os automóbiles policiais. Os coches adquírense polo sistema de renting por un prazo de 48 meses, contrato que foi adxudicado ao Banco Santander e que inclúe ademais o servizo de mantemento. Estes vehículos substituirán a outros tres que xa acumulaban anos de uso continuado, no marco do proceso de renovación do parque móbil da Policía Local que está a levar a cabo o Concello e permitirá á Garda local prestar servizo con medios condicións óptimas. Na presentación estiveron o concelleiro de Policía Local, José maría González, a Xefa da Policía, maría del carme Roca, e represnetantes da marca, do concesionario e da entidade bancaria.
18.079.2019.- Os novos coches patrulla veñen completamente pintados, rotulados e equipados segundo o establecido por lei, ademais de contar cos equipos luminosos e acústicos propios dos coches policiais. Ademais dos equipamentos incluídos no contrato, cada vehículo virá dotado de botiquín, cristais escurecidos, dúas lanternas policiais, extintor, prancha e barra de separación entre os asentos dianteiros e posteriores con soporte de defensas policiais e emisora compatible co sistema de comunicación da Policía, entre outros elementos.
Entre as prestacións incluídas no contrato atópanse tamén os servizos de mantemento e reparacións na propia concesionaria da marca, ademais dos seguros a todo risco e cunha ampla cobertura.
Os vehículos están en disposición de ser utilizados tan pronto como se firme a acta de recepción.