_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello presenta o Vas?VAI!, unha guía práctica que reúne os catros sistemas principais de mobilidade sostible de Vilagarcía

No marco da celebración da Semana Europea da Mobilidade, a concelleira de Mobilidade, Paola María, presentou este mediodía o Vas?VAI!, unha publicación, a modo de guía práctica para o cidadán, na que se recolle toda a información de interese e necesaria sobre os sistemas de mobilidade sostible postos en marcha e financiados polo Concello de Vilagarcía: o VaiBike (servizo de aluguer de bicicletas), o VaiBus! (bono transporte), o VaiBus+ (o bus ao hospital) e o máis recente, o Vaiapé! (o metrominuto para promover os desprazamentos a pé). A guía do Plan Municipal de Mobilidade Sostible chegará aos domicilios de todos os vilagarciáns a través do buzoneo que realizarán colectivos sociais do municipio, no marco das políticas inclusivas e de integración socia laboral que desenvolve o Concello. Esta iniciativa finánciase con fondos FEDER a través do proxecto Vilagarcía Avanza.
20.09.2019.- O Vas?VAI! é unha guía reúne as catro iniciativas principais postas en marcha polo Concello en materia de mobilidade sostible: VaiBike!, VaiBus, VaiBus* e… agora o Vaiapé!, iniciativas que se centran en potenciar o uso do transporte público colectivo en lugar do individual e privado, o promover o uso de medios de transporte alternativos non contaminantes e saudables, como a bicicleta, e iniciativas que invitan a volver a camiñar.

A concelleira explicou que o Vas?Vai! “non é un folleto publicitario, é unha publicación que reúne información práctica e de moita utilidade para as persoas que se queren desprazar por Vilagarcía e o queren facer seguindo os criterios da mobilidade sustentable que promovemos, defendemos e nos que estamos traballando neste Concello”.

A publicación explica dun xeito moi didáctico e doado, que é a mobilidade sustentable, os principios nos que se basea, o contexto global no que se enmarca, os beneficios que supón a nivel de mellora das comunicacións, da calidade de vida nas cidades, do benestar e da saúde das persoas, así como os efectos de dinamización económica que ten nas cidades.

María Mochales comentou que para chegar á situación actual, a este Programa de Mobilidade Sustentable baseado nos catro piares (VaiBIke, Vaibus, Vaibus* e Vai a Pé) “houbo un longo camiño que percorrer. Unha evolución lenta pero firme para irnos adaptando á filosofía, aos criterios e aos modos que rexen en Europa”. Un camiño que na guía se resume nun percorrido histórico pola evolución da mobilidade en Vilagarcía a través das accións emprendidas polos distintos gobernos locais dende á década dos 80 ata o de agora.

A parte final do Vas?VAI! conduce ao usuario aos aspectos máis prácticos e útiles como sinalar a localización dos aparcamentos públicos e disuasorios e recoller todas as liñas, paradas e horarios do transporte urbano existente, así como as liñas do transporte interurbano, as direccións e teléfonos da estación de autobuses, ferrocarril e taxis. Ademais, explica moi brevemente que é son o VaiBIke, o VaiBus, o VaiBus*, como funcionan, para que serven, as avantaxas que nos supoñen, o custe dos que son de pago ou como darse de alta.
A principal novidade deste Plan é o VAIAPÉ!, o metrominuto de Vilagarcía, un sistema de mobilidade sostible que pretende concienciar a poboación sobre optar por ir a pé á hora de desprazarse pola cidade, sobre todo tendo en conta que a topografía case plana de Vilagarcía ofrécesnos as condicións idóneas para facelo.

Na guía queda patente que en Vilagarcía todo está moi cerca, e que as distancias se poden percorrer perfectamente a pé e en pouco tempo. Isto ilústrase nun modelo, similar a un plano do metro, no que se plasman diferentes rutas entre principais puntos de interese da cidade indicando a distancia existente e o tempo que leva percorrelas a pé. A edil de Mobilidade apostillou que “con isto vese de forma clara que pode ser más rápido chegar camiñando e que camiñando podes coñecer mellor a cidade, disfrutas do paseo, non perdes temo intentando aparcar, fas exercicio, melloras a túa saúde e contribúes a coidar o medio ambiente”.

17.000 exemplares

Paola María incidiu en que “queremos que a guía da mobilidade chegue a todos os vilagarciáns”. Por iso fíxose unha edición inicial de 17.000 exemplares dos cales 15.000 repartiranse a domicilio. Para esta labor de buzoneo o Concello conta cos colectivos sociais do municipio no marco das políticas de inclusión que se promoven dende a administración local mediante a contratación do servizo a través dos programas de inserción socio laboral que desenvolven as entidades. Deste xeito, os usuarios de Con Eles e LAR encargaranse das rúas do centro urbano, un pola zona norte e outro pola sur e BATA, que ten a maior estrutura e organización para este tipo de servizo, repartirá pola zona urbana de extrarradio e todo o rural.


Financiamento europeo

A Mobilidade Sostible é unha das liñas de trabalo da Unión Europea. Precisamente por iso, o Vas’VAI!, como Plan Municipal de Mobilidade Sostible que é, finánciase cos fondos FEDER, a través das liñas EDUSI do Proxecto Vilagarcía Avanza relativas á Potenciación e mellora da mobilidade urbana sostible de Vilagarcía, Mellora da mobilidade peonil e ciclista mediante a mellora da infraestrutura ciclista, acondicionamento de itinerarios peonís e recuperación do sistema de VaiBike!, e de comunicación para mellorar o coñecemento e a comprensión dos obxectivos e dos resultados dos fondos FEDER por parte dos axentes involucrados na súa implementación e pola cidadanía en particular.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -