_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os delegados de CCOO en Carsa pide a mediación do Concello para que a xunta arranxe o acceso ao polígono de Bamio

O mal estado no que se atopan dende hai tempo os accesos ao parque empresarial de Bamio e a rede viaria interna do polígono foi o asunto que representantes da sección sindical de CCOO en Carsa trasladaron onte ao alcalde, Alberto Varela, nunha reunión celebrada no Concello. Os representantes da carroceira de Bamio puxeron de manifesto as deficiencias que presentan as vías desde o último asfaltado realizado pola Xunta xa hai varios anos e que, lonxe de arranxarse, foron agravándose co paso do tempo. Ante a inacción da administración competente, os sindicalistas solicitaron a mediación do Concello para tratar de que a Xunta de Galicia poña remedio á situación.
21.09.2019.- Á xuntanza de onte, solicitada pola sección sindical de Comisiones en Carsa, acudiron Manuel Portela Sieiro, Miguel María e Eduardo do Río. Os traballadores explicaron que o mal estado dos accesos, aparte de supoñer riscos para a circulación, causa graves molestias aos transportes das empresas asentadas no parque empresarial de Bamio, co agravante de que se na inmensa maioría dos casos trata de camións de grandes dimensións e moito tonelaxe. Pero, a maiores, os propios traballadores das firmas con sede no polígono de Bamio, tamén sofren a diario as consecuencias do mal estado en que quedou a estrada tras o deficitario asfaltado levado a cabo pola Xunta hai anos, e que deixou un enorme desnivel entre a plataforma da vía e as cunetas que numerosos traballadores vense obrigados a utilizar para estacionar os seus vehículos particulares, co conseguinte risco de accidente ou de danos nos coches.

O alcalde recolleu a petición de Comisións e comprometeuse a facer xestións ante os departamentos correspondentes da Xunta para que resolvan un problema interfire e que pode ter consecuencias negativas na actividade das industrias asentadas no polígono. Varela explicoulles que, desgraciadamente, o acceso ao parque empresarial non é a única demanda que a Xunta de Galicia ten que atender no que respecta ás infraestruturas da parroquia de Bamio. De feito, lembrou que veciños e Concello levan máis de unha década loitando polo remate das beirarrúas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -