_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
Vilagarcía súmase ao programa “Conectar Europa” para instalar wifi pública en espazos exteriores da cidade

O Concello de Vilagarcía súmase ao mecanismo “Conectar Europa” que está a desenvolver a Unión Europea co obxectivo de fomentar a conectividade a internet das comunidades locais. A través das axudas que concede a UE para este programa, a Concellería de Novas Tecnoloxías que dirixe Álvaro Carou, pretende dotar de wifi de acceso libre a espazos públicos e exteriores da cidade. A solicitude da subvención, que ascendería a 15.000 euros, xa foi tramitada.
23.09.2019.- A través desta iniciativa preténdese apoiar a oferta de acceso a internet de alta calidade aos residentes e visitantes nos centros da vida pública local (rúas, prazas ou determinados núcleos poboacionais), tal como xa existe noutras cidades de España e de Europa. Ao proporcionar esta conectividade inalámbrica local, gratuíta e sen condicións discriminatorias, búscase contribuír a pechar a brecha dixital, sobre todo nas comunidades onde é menor a alfabetización dixital, incluídas as zonas rurais e os lugares remotos aos que a tecnoloxía chega tarde ou en malas condicións técnicas.

Como obxectivos secundarios, ao facilitar que toda a cidadanía teña acceso a internet de calidade e gratuíta en determinados espazos da cidade, tamén se espera que mellore o acceso da cidadanía a determinados servizos que operan on line, especialmente aos relacionados coa administración, como a sanidade e a administración electrónica; e tamén a aqueles que permiten crear novas ofertas de inclusión dixital, como cursos ou que fomente o desenvolvemento de pequena e medianas empresas locais innovadoras en produtos e servizos dixitais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -