_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A tempada musical da Sociedade Filarmónica inclúe nove grandes concertos entre setembro e maio

A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía presentou esta mañá no Concello a tempada de concertos 2019/20 a celebrar no Auditorio entre os meses de setembro e maio. A programación inclúe nove grandes concertos de músicos internacionais de grande prestixio, un cartel que volve a poñer a Vilagarcía na elite das cidades españolas referentes no campo da música clásica. O Concello de Vilagarcía colabora coa Sociedade na organización deste ciclo a través da Concellería de Cultura e do Conservatorio Municipal.
25.09.2019.- O alcalde, Alberto Varela, presidiu o acto no que participaron o presidente da Sociedade, José Luis Sanz, a concelleira de Cultura Sonia Outón, a directora do Conservatorio, Rosina Sobrido e o profesor do centro e membro da comisión musical da Sociedade, Pablo Vidal.

O ciclo comeza o 28 de setembro co concerto do dúo de cello e piano composto polos músicos Lionel Cottet e Jorge Viladorms que interpretarán os temas do seu disco “De Latinoamérica a Paris. O día 14 de novembro o clarinetista Darío Mariño e a pianista Mitra Kotte interpretarán obras de Brahms e Poulenc. A axenda salta ao 13 de decembro co dúo de violín e piano composto por Sakaya Shoji e Suzana Bartall, respectivamente, que tocarán obras de Beethoven, Bartok e Brahms e o 25 de xaneiro o concerto correrá da man do trío de corda integrado por Abigel Kralik (violín), Ziyu Shen (viola) e beata Antikainen (cello) cun repertorio de temas de Enescu, Ravel e Dohnanyi. O 7 de marzo o cuarteto de corda Diogenes Quartet tocará pezas de Beethoven e Schubert, mentres que o 17 de abril o Auditorio acollerá unha gala lírica protagonizada pola mezzo Aigul Akhmetshina, acompañada pola pianista Anna Crexells e un programa a base de arias de ópera e zarzuela. A temporada da Sociedade Filarmónica pecharase o 29 de maio cunha velada de tangos de Piazzola e Nisinman interpretados por Marcelo Nisinman (bandoneón), Dana Zemtsov (viola), Nicky Schwartz (contrabaixo) e Anna Fedorova (piano).

Todos os concertos desenvolveranse ás 21.00 horas no Auditorio. A entrada para o público xeral custa 18 euros e será gratis para os socios. As entradas poranse á venta na billeteira do Auditorio dúas horas antes do inicio de cada concerto.

O alcalde agradeceu a labor realizada pola Sociedade para continuar promovendo a música clásica na cidade engadindo un mérito máis para converter a Vilagarcía nun referente da música clásica de alto nivel non só en Galicia, senón tamén en España, e mesmo a nivel internacional como se está logrando grazas ao Festival de Música Clásica Clasclás organizado polo Concello a través do Conservatorio. Varela destacou o bo resultado que está a ter o aproveitamento das sinerxias do Clasclás e da Sociedade Filarmónica, agradecendo a colaboración dos socios de colectivos nas tarefas loxísticas de organización do festival internacional, especialmente no desenvolvemento do YAP, do que posteriormente se nutre a programación da Filarmónica. De feito, varios dos artistas noveis que participaron na última edición do YAP actúan nos concertos desta temporada.

Pola súa banda, o Conservatorio colabora coa Sociedade poñendo a disposición dos artistas que participan nos concertos as súas instalacións para as rutinas de quencemento e os ensaios previos á actuación; e a Filarmónica reserva 25 entradas para que alumnos do Conservatorio poidan asistir de balde aos concertos complementando así a súa formación ao ver a escoitar a intérpretes de primeiro nivel a nivel internacional.

A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía creouse hai cinco anos e conta actualmente con 170 socios, un número moi aceptable, segundo apuntou o seu presidente. Maila isto, Sanz comentou que o principal reto do colectivo é atraer asociados máis novos, da franxa de idade de 30 a 50 anos, para garantir o futuro da entidade, dado que a media de idade dos socios é nestes momentos bastante elevada. O presidente lembrou que facerse membro so ten un custe de 10 euros ao mes e permite ao asociado dispor de dúas entradas de balde para cada un dos concertos da temporada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -