_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello financia con 83.374 euros as actuacións de mantemento forestal das 9 comunidades de montes

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión desta mañá a última das solicitudes de axuda presentadas polas comunidades de montes do municipio ao abeiro da liña de subvencións creadas polo Concello para colaborar na prevención de incendios forestais e na conservación e mantemento dos montes do termo municipal. En total. A administración local destina este ano 83.374 euros a financiar os proxectos presentados individualmente polas comunidades de Fontecarmoa e Bamio, e de forma colectiva pola Mancomunidade, que inclúe proxectos dos comuneiros de Rubiáns, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, Cea, Guillán, Sobrán e Loenzo.
30.09.2019.- A deste ano é a terceira convocatoria da liña municipal de subvencións creada polo Concello de Vilagarcía para axudar ás comunidades de montes a manter en bo estado as masas forestais e evitar os incendios que cada ano arrasan miles de hectáreas de monte en Galicia.

A través desta liña pódese financiar unha ampla variedade de actuacións tendentes á conservación dos montes, como a creación de devesas, tratamentos axeitados da biomasa residual, limpeza e rozas das zonas de protección para liberar vexetación accesoria á masa principal, así como rareos da masa arbórea. Con estas axudas tamén se poden financiar obras para dotar aos montes das infraestruturas preventivas necesarias para unha efectiva actuación en caso de ter que combater lumes, tales como a construción de depósitos ou puntos de abastecemento de augas. De igual xeito, serán subvencionables intervencións de silvicultura preventiva.

Os proxectos presentados polas comunidades de montes de Fontecarmoa e Bamio incluían principalmente rozas (alta, manual, de penetración ou mecanizada, dependo da zona a actuar), labores de limpeza e xestión dos residuos mediante trituración. O proxecto de Fontecarmoa afecta a unha superficie de 6,9 hectáreas e recibe unha subvención municipal 6.497 euros, mentres que a axuda concedida a Bamio ascende a 8.736 euros.


O terceiro proxecto subvencionado polo Concello é o presentado pola Mancomunidade de Montes de Vilagarcía, mediante o cal se actúa en 39,05 hectáreas das 7 comunidades participantes. As labores incluídas baséanse principalmente en podas e limpeza e mantemento dos montes a base de diferente tipos de rozas, coa excepción da iniciativa prevista nos montes de Sobrán, onde tamén se levarán a cabo actuacións de repoboación forestal cunha plantación de especies frondosas. A suma da axuda aprobada para a Mancomunidade ascende a 66.637 euros que se reparten do seguinte xeito: Rubiáns 9.855 euros, Trabanca Sardiñeira 9.747, Trabanca Badiña 8.034, Cea 10.239, Guillán 9.764, Sobrán 9.250 e Loenzo 9.748



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -