CONCELLO
Persoal de Costas e do Concello colaboran nunha nova batida contra o cadillo da Concha-Compostela Persoal do Concello de Vilagarcía e do departamento provincial de Costas do Estado colaboran na nova batida contra a planta do cadillo que se está levando a cabo nas praias da Concha Compostela. Esta é a cuarta actuación deste tipo que se leva a cabo para tratar de erradicara especie detectada hai dúas temporadas e que produce un froito estrelado que ao secar convértese en pinchos moi duros especialmente molestos para bañistas e ciclistas e que hai que manexar con coidado para non contribuír a espallar as sementes que contén no seu interior.
30.09.2019.- A batida destes días lévase a cabo despois de que o Concello expuxese ao departamento de Costas a problemática que se estaba a dar e solicitase a súa colaboración para buscar unha solución. Na espera de consultas máis específicas sobre o método máis efectivo e rápido para acabar coa praga de forma definitiva e sen correr o risco de espallala máis, polo momento optouse pola medida máis segura: continuar coas labores de extracción manual iniciadas polo Concello xa o pasado ano tras as consulta realizada aos técnicos da estación fitopatolóxica do Areeiro. A batida comezou o pasado xoves e rematará mañá, martes.