_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e Colexio de Arquitectos estudan colaborar na organización de actividades formativas e eventos en Vilagarcía

O Concello de Vilagarcía e a delegación provincial do Colexio Oficial de arquitectos de Galicia explorarán as fórmulas de colaboración posibles para a organización no municipio de actividades formativas e eventos relacionados coa arquitectura e o urbanismo. Esta liña de actuación conxunta acordouse na reunión mantida esta mañá no Concello entre o alcalde, Alberto Varela, e os integrantes da directiva da delegación Pontevedra do COAG, composta por Anselmo Villanueva Peón (presidente), María Pierres López (secretaria) e Carlos Berride Abalo (tesoureiro).
03.10.2019.- A directiva do COAG en Pontevedra acaba de ser renovada, de aí que estea realizando unha rolda de visitas aos concellos da súa área de influenza a efectos de presentarse aos rexedores, establecer unha relación fluída entre o sector e as administracións locais á hora de xestionar e tramitar proxectos e asuntos urbanísticos, así como para ofrecer a colaboración do organismo na realización de actividades conxuntas de interese para os municipios.

O rexedor local informoulles da organización e xestión municipal dos asuntos urbanísticos a través da Xerencia de Urbanismo e do modelo de cidade no que traballa on executivo local. Ademais, Varela interesouse por asinar algún tipo de convenio co colexio que permita a realización en Vilagarcía de cursos ou congresos ou mesmo de acoller eventos promovidos directamente polo COAG. Ambas partes quedaron en analizar o tema con maior detalle co obxecto de elaborar propostas neste sentido.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -