_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Serviocio investirá 90.000 euros na renovación das máquinas do ximnasio e a mellora da conectividade na piscina

Servicio, SL, actual concesionaria da piscina municipal de Fontecarmoa, confirmou ao Concello a súa intención de investir 90.000 euros na renovación de boa parte das máquinas existentes no ximnasio contiguo á piscina. O groso da inversión se centrará nas máquinas de cardio, as elípticas e as bicicletas estáticas. Segundo informou Serviocio, os seus provedores tardan arredor de 60 días en servir os aparellos solicitados, polo que confían en que entre finais de decembro e principios de xaneiro os usuarios poidan atopar xa unas remozadas instalacións.
08.10.2019.- Paralelamente ao investimento no ximnasio, a concesionaria anuncia tamén actuacións para mellorar a conectividade informática dentro do recinto deportivo e, así mesmo, diversas melloras no mantemento da piscina propiamente dita. Con estas medidas, tanto a Fundación de Deportes coma Serviocio, que xa veñen traballando neste asunto dende hai meses, confían en que a piscina mellore substancialmente os seus servizos neste período de transición de dous anos ata que se execute o novo proxecto de ampliación, que implicará tamén actuar sobre a instalación orixinal.

Na actualidade, Serviocio ten o contrato prorrogado ata o 31 de decembro de 2021, data límite para executar unha obra financiada con Fondos FEDER a través da estratexia “Vilagarcía Avanza”. A existencia deste proxecto foi o que freou a posibilidade de sacar a concurso de novo a concesión: facelo non tería sentido se aos dous anos cambian as instalacións a xestionar, e tampouco se pode sacar a concurso sen coñecer as características finais do complexo que nacerá trala ampliación da piscina actual. Por esa razón, Concello e empresa chegaron a un acordo de ampliación do contrato que inclúe o investimento, por parte de Serviocio, deses 90.000 euros.

Como se sabe, aínda foi en marzo pasado cando o Concello adquiriu formalmente a parcela de case 3.800 metros cadrados sobre a que asentará a nova piscina. Agora toca redactar o proxecto técnico, que deberá contemplar a construción dun novo vaso de 25x12,5 metros nun edificio anexo ao actual e ao que se unirá por un corredor acristalado e climatizado. O proxecto incluirá tamén a renovación da fachada, igualmente de cristal, que pecha a actual piscina cara o sur, e distintas melloras na xestión da auga dos vasos e da temperatura ambiente nos recintos.

O investimento total estímase en 1,3 millóns de euros. Tendo en conta todo o proceso de redacción do proxecto e licitación das obras, o goberno de Alberto Varela confía en iniciar a ampliación durante o vindeiro ano. Mentres o proxecto non sexa unha realidade, polo menos os usuarios poderán desfrutar dunha serie de melloras que executará Servicio nas vindeiras semanas, de acordo co pactado co Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -