_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
Castes se consolida como a feira do viño de Vilagarcía e atrae xa a 70 bodegas de cinco países

Castes, a Feira Independente do Viño, unha iniciativa que naceu hai so tres anos da man do hostaleiro e sumiller Sito Dieste, xa ten datas: os días 16 e 17 de novembro. En só tres edicións, o certame, que conta co apoio económico e loxístico do Concello, se converteu nun referente no mundo vitivinícola, como o demostra o feito de que ata 70 bodegas de cinco países diferentes teñen confirmada a súa presenza.
15.10.2019. Un ano máis, os actos centrais de Castes se desenvolverán na praza de Abastos, un espazo cuxa posta en valor gustou tanto aos organizadores coma aos participantes no concurso nacional de cata e aos adegueiros que viñeron de España, Francia, Portugal, Italia e Alemaña.

A diferenza da edición anterior, o horario se amplía, de 12:30 a 20:00 horas, de xeito que así os visitantes poderán desfrutar do campionato internacional de cata (desta volta, oito equipos) pero tamén degustar as innumerables propostas vinícolas deixando un descanso nas horas centrais do día para almorzar.

Pola súa banda, o sábado 16 de dedicará a outras actividades paralelas do Castes que, segundo dixo Dieste, serán anunciadas nos vindeiros días. O creador da feira lembrou que cando comezou, hai tres anos, foran só 10 as bodegas participantes; o ano pasado xa foron 55; e neste ten xa confirmadas 70, de denominacións de orixe tan potentes e coñecidas como Ribera del Duero, Champagne, Bierzo, Barolo ou Bairrada.

Tanto Alba Briones, concelleira de Promoción Económica, coma Álvaro Carou, de Turismo, destacaron a súa aposta por Castes, ao coincidir con dúas liñas mestras da xestión municipal: por unha parte, desestacionalizar a oferta lúdica e cultural do Concello e ademais con calidade; e por outra, reivindicar o papel de Vilagarcía de Arousa como parte da denominación de orixe Rías Baixas e, polo tanto, cunha grande tradición vinícola.

Pode consultarse todo o programa e coñecer os pasos a seguir para adquirir as entradas en: http://www.castes.es .

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -