_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O concello reparte 232.300 euros entre 25 ONGs e asociacións que operan na cidade

O goberno local xa aprobou as subvencións directas que este ano van recibir vinte e cinco ONGs e asociacións ou entidades que operan no municipio. A Cruz Vermella é, con diferenza, a que máis obtén, con 90.600 euros; as que menos, as asociacións de Loita contras as Enfermidades do Ril, as de Atención aos afectados polo Déficit de Atención e Hiperactividade – TDAH Salnés, e ou a de enfermos de Alzheimer, con 500 euros cada unha.
16.10.2019.- Cruz Vermella recibe una dobre subvención: 84.000 euros para o sostemento do albergue e outros 6.600 para os gastos do proxecto de coordinación. Nun caso similar está Cáritas, cuxa labor é premiada con 35.000 euros para o comedor social e outros 2.400 para o mantemento do centro de acollida de San Cibrán, en Sobradelo. O número 2 no ranking é, sen embargo, a Asociación de Discapacitados Síquicos “Con Eles”, que recibirá 40.000 euros como a axuda para a construción do novo centro de atención e outros 2.500 para o desenvolvemento ordinario das súas actividades.

A partir de aquí, as axudas son sensiblemente inferiores: A Fundación do Asilo de Anciáns recibe 15.000 euros para o mantemento da residencia, e a asociación LAR, 3.000. As fundacións “Amigos de Galicia”, “Monte do Gozo” e “Contra o Narcotráfico” reciben 2.500, 1.500 e 1.500 euros. Igualmente cantidade a esta última se destina á Asociación de Solidariedade Galega con Pobo Saharaui para os seu programa de “Vacacións en Paz”. Outras entidades que tamén reciben subvención son Amencer (2.500 euros); APA do Centro de Saiar (1.500); Asocación Galega de Linfedema (1.300); e Asociación de Déficit de Atención e Hiperactividade de Pontevedra (500).

Por outra banda, o goberno de Alberto Varela tamén aprobou a renovación das axudas directas á asociación de comerciantes Zona Aberta (15.000 euros); á Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas-Ahituvi (5.000); e á Confraría de Carril (para a organización da Festa da Ameixa), outros 5.000 euros.

O Concello xa comezou a liberar eses cartos unha vez que os expedientes de cada unha das subvencións van sendo aprobados pola Xunta de Goberno Local.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -