_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Alberto Varela representa a Illas Atlánticas na nova directiva de Amuparna, a asociación de municipios con parques nacionais

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, renovou este xoves o seu carácter de representante do parque nacional das Illas Atlánticas na Asociación de Municipios con territorio en Parques Nacionais, Amuparna. A directiva, que agora preside o alcalde de Pampaneira (Granada), en representación do PN de Sierra Nevada, Ángel Pérez, ten por diante catro anos para seguir defendendo a necesidade de que se teñan en conta as características dos municipios afectados por parques nacionais no deseño do territorioa e as políticas medioambientais.
19.10.2019.- Neste sentido, o alcalde vilagarcián seguirá insistindo desde este lobby municipal en que tanto o Goberno central, que ten a titularidade dos parques, coma a Xunta de Galicia, que detenta a xestión de Illas Atlánticas, se impliquen na creación dun centro de interpretación da Illa de Cortegada, similar ao que xa existe noutros parques. O centro suporía un importante pulo non só na posta en valor da illa senón no desenvolvemento turístico de Vilagarcía e particularmente do Carril.

A asamblea de Amuparna celebrouse o xoves pasado, día 17, no Senado. Está formada por un alcalde ou alcaldesa representante de cada Parque Nacional. Durante a xornada fíxose fincapé na importancia destes territorios e do impulso de accións coordinadas entre os municipios asociados para o uso responsable dos espazos naturais e a loita común fronte aos desafíos do cambio climático.

Amuparna está formada polos municipios incluídos nas áreas de influencia socioeconómica dos Parques Nacionais, os cales supoñen, pola súa singularidade, a punta de lanza das políticas de conservación no noso país, que necesariamente deben fundamentarse na integración dos obxectivos de conservación cos de participación das comunidades locais.

Os alcaldes e alcaldesas que integran esta asociación teñen como obxectivo tratar asuntos considerados de excepcional interese para os municipios e para os Parques Nacionais e o seu futuro, de modo que a asociación veu reflexionando, debatendo e posicionándose sobre as cuestións fundamentais que afectan á Rede de Parques Nacionais, a vida diaria e as expectativas de futuro dos poboadores dos seus territorios, sempre desde unha defensa coherente do mundo rural como soporte dos Parques e do protagonismo que os concellos han de ter na planificación e xestión dos mesmos.

A directiva de Amuparna quedou configurada do seguinte xeito:
• P.N. Sierra Nevada: alcalde de Pampaneira, Ángel Pérez (Presidente)
• P.N. Caldera de Tauburiente: alcalde de El Paso, Sergio Rodríguez (Vicepresidente)
• P.N. Guadarrama: alcalde de Trescasas, Borja Lavandera (Secretario)
• P.N. Doñana: alcaldesa de Aznalcázar, Manuela Cabello (Tesorera)
• P.N. Aigüestortes i Estany de Sant Maurici: alcalde de Espot, Josep Sebastia (vocal)
• P.N. Cabañeros: alcalde de Retuerta del Bullaque, Miguel Ángel Villa (vocal)
• P.N. Garajonay: alcalde de Hermigua, Yordan Ramón Piñero (vocal)
• P.N. Islas Atlánticas: alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela (vocal)
• P.N. Monfragüe: alcalde de Malpartida de Plasencia, Jose Raúl Barrado (vocal)
• P.N. Ordesa y Monte Perdido: alcalde de Bielsa, Miguel Ángel Noguero (vocal)
• P.N. Tablas de Daimiel: alcalde de Daimiel, Leopoldo Sierra (vocal)
• P.N. Teide: alcalde de Santiago del Teide, Emilio José Navarro (vocal)
• P.N. Timanfaya (vacante)
• P.N. Picos de Europa (vacante)
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -