_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TERCEIRA IDADE
Aberta a inscrición no programa “Xuntos polo Nadal” para persoas maiores que se atopen soas durante as festas

A Área de Servizos Sociais do Concello informa da apertura do prazo de inscrición no programa "Xuntos polo Nadal" destinado ás persoas maiores que se atopen soas durante estas festas e co obxectivo de que poidan gozar destas datas na compaña doutras persoas. O programa consiste na estancia durante 16 días en réxime de aloxamento e pensión completa nunha residencia de tempo libre da Xunta. Os interesados poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello para tramitar as solicitudes. O prazo remata o 15 de novembro.
22.10.2019.- O programa de envellecemento activo e convivencia organizado pola Secretaría Xeral de Política Social da Xunta pretende evitar a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos. Estas circunstancias inciden con frecuencia en situacións depresivas que se poden evitar compartindo as festas con outras persoas.

“Xuntos polo Nadal” desenvolverase entre 23 de decembro e o 7 de xaneiro e os beneficiarios residentes nas provincias de Pontevedra e Lugo aloxaranse nas residencias de tempo libre do Carballiño (Ourense) onde se ofertan 105 prazas.

O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa, durante os 16 días (15 noites), desprazamentos en bus dende as cidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense e actividades de animación sociocultural durante toda a estancia.

Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (537,584 euros ao mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 euros.

Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
Ter 60 anos cumpridos antes de 15 de novembro de 2019, estar empadroado en nalgún municipio de Galicia, vivir so no seu domicilio ou ter que pasar só as festas de Nadal, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.

Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos, ter máis idade, ter un menor nivel de ingresos económicos e que non participaran neste programa en pasadas edicións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -