_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O plan de compostaxe individual chega a 264 domicilios do rural cos 52 composteiros que se reparten o xoves

O Concello de Vilagarcía continúa estendendo o plan de compostaxe nas zonas do rural posto en marcha hai uns anos a través da Concellería de Medio Ambiente. Este xoves, 24 de outubro, porase en marcha unha nova fase do plan co reparto de 52 composteiros individuais proporcionados pola Deputación Provincial a través do Plan Revitaliza. Coa incorporación destes contedores, serán un total de 264 as familias vilagarciás que compostan os residuos sólidos orgánicos que xeran nos seus domicilios e que contribúen a mellorar o medio ambiente mediante a redución e reutilización deste tipo de lixo. A eles súmanse os veciños que participan no plan de compostaxe comunitario e urbano que se desenvolve no barrio do Piñeiriño.
22.10.2019.- A Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha no ano 2010 o plan de compostaxe individual. Dende entón executáronse diferentes fases acompañadas polo reparto gratuíto de composteiros para ser utilizados en vivendas unifamiliares. Como nas ocasións anteriores, na entrega a levar a cabo o xoves celebrarase unha charla informativa na Sala de Conferencias do Auditorio, onde un mestre composteiro da Deputación explicará aos interesados o procedemento a seguir e resolverá as súas dúbidas sobre a elaboración do “compost”, o abono natural que se obtén a través deste proceso natural de descomposición da materia orgánica.

As persoas interesadas en elaborar compost e participar nesta iniciativa ecolóxica poden dirixirse á Concellería de Medio Ambiente, directamente ou chamando ao teléfono 986 099 200 extensión 220, para solicitar un dos composteiros que aínda quedan libres, xa que algúns xa están asinados ás persoas que estaban en lista de agarda

Na entrega prevista para o xoves ás 20.00 horas, ademais de explicarlles o proceso de elaboración do compost tamén se fará entrega aos participantes o estruturante (labras de madeira) que deberán ir mesturando cos residuos dentro do composteiro para acelerar o proceso de descomposición da materia orgánica e eliminar calquera tipo olor.

A Concellería de Medio Ambiente tamén se encarga do reparto gratuíto de estruturante entre os participantes do plan de compostaxe. Faise un día á semana nos baixos do Auditorio, a onde os usuarios poden acudir a recoller o material procedente dos restos das podas que fan o servizo de Xardíns e de Medio Ambiente do Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -