_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As condicións expostas pola administración concursal de Proínsa afastan un posible acordo sobre o párking Xoán XXIII

A primeira toma de contacto entre o Concello de Vilagarcía e a Administración Concursal de Promociones Inmobiliarias del Pisuerga, SA (Proinsa), para negociar a extinción da concesión do parking Xoán XXIII e a súa recuperación por parte da administración, saldouse sen acordo e con poucas perspectivas de poder chegar a unha solución a curto prazo. Así o manifestou o alcalde, Alberto Varela, tras coñecer as condicións que poñen os administradores concursais para chegar a unha solución negociada que evite recorrer á vía xudicial.
24.10.2019.- A reunión celebrada onte pola tarde no despacho de avogados que leva o proceso concursal de Proínsa en toda España resultou bastante decepcionante para o rexedor local, que esperaba maior flexibilidade por parte dos administradores que hai uns días contactaron co Concello para solicitar o inicio dos trámites de rescisión do contrato. Malia o interese inicialmente demostrado por resolver o asunto mediante acordo, as condicións económicas comunicadas onte resultan imposibles de asumir polas arcas municipais, segundo explicou Varela Paz. A intención dos administradores é que para recuperar a concesión, o Concello se faga cargo da hipoteca que supera os 1,5 millóns de euros, máis os correspondentes intereses de demora acumulados por Proinsa e que non se especificaron. A maiores, piden que se indemnice á empresa con 1,4 millóns de euros máis polos anos que aínda lle quedaban á concesión (que expira no ano 2052) e que deixarían de amortizar.

A esta suma, que chegaría os 3 millóns de euros, habería que engadir o custe que das reparacións que o Concello tería que realizar no párking debido ao deterioro que sofre por falta de mantemento dende hai anos e que poderían ser cuantiosas. Aínda que se restase a débeda que Proinsa mantén co Concello polo impago do canon municipal, a operación quedaría igualmente fóra das posibilidades do Concello.

Así e todo, e dado que a de onte so foi unha primeira toma de contacto, o alcalde comentou continuarase negociando, tanto cos administradores concursais coma coa entidade bancaria coa que está subscrita a hipoteca e coa que aínda non se contactou. Varela recoñece que a opción ideal é máis rápida é chegar a un acordo amigable e satisfactorio para todas as partes, pero si isto non é posible, o asunto terá que resolverse pola vía xudicial xa iniciada co concurso de acredores que se tramita no xulgado do Mercantil número 4 de Madrid.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -