OBRAS E SERVIZOS
O Concello executa obras de mantemento e mellora nos servizos básicos das rúas As Pías, Vilar Ponte e San Roque A concellería de Obras e Servizos do Concello está levar a cabo varias obras de mantemento e mellora dos servizos básicos municipais como son o saneamento e recollida de pluvias. O departamento que dirixe Lino Mouriño actuou a semana pasada na rúa Vilar Ponte e atópase estes días na rúa As Pías, co obxectivo de trasladarse a vindeira semana á céntrica rúa San Roque. Pese a tratarse de obras pequenas, a súa execución é moi importante para garantir o correcto mantemento dos servizos, resolver pequenos problemas e mellorar a calidade da prestación que reciben os veciños.
30.10.2019.- Nestes momentos, os operarios municipais atópanse na Rúa As Pías, renovando a canalización da recollida de augas pluviais nun tramo duns 40 metros da vía que conduce a Guillán. Esta actuación ven motivada polo mal estado no que se atopaba o vello colector, rebentado en todo o tramo pola presión exercida polas raíces das árbores que lindan coa vía. Esta situación impedía a axeitada canalización da auga procedente da fonte das Pías e da choiva, que se espallaba pola calzada e a zona de tránsito de peóns, coas conseguintes molestias que isto xera.
Os traballos realizados a semana pasada na Ría Vilar Ponte (a que une o barrio dos Duráns coa zona dos edificios Invisa) permitiron arranxar a rotura dunha tubaxe do saneamento que facía aflorar as augas residuais. Está previsto que os operarios de Obras regresen a semana que ven á esta mesma rúa para proceder á reparación dun tramo de vía que se afundiu na zona máis próxima a zona de Invisa.
Por último, a próxima actuación prevista no plan de actuación da Concellería de Obras e Servizos é a de renovación dun pequeno tramo da rede de saneamento da rúa San Roque que estaba rexistrando problemas de funcionamento