_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a Construcciones Abilleira a esperada obra de ensanche da curva da Golpelleira

A espera apertura da curva da Golpelleira, que dá acceso ao barrio da Torre, está a piques de facerse realidade. O Concello resolveu onte o procedemento de licitación mediante a adxudicación da obra á empresa Construcciones y Proyectos Abilleira por importe de 92.455 euros (IVE incluído). Tan pronto como a adxudicataria presente a documentación e se firme o contrato comezará a executarse a actuación que prevé o ensanche da calzada neste problemático tramo, para o cal se demolerá a vella vivenda que esgana a vía xusto na curva e o retranqueo do muro. A obra completarase coa construción dunha beirarrúa, instalación de alumeado e pavimentación.
30.10.2019.- Un total de 22 empresas presentaron ofertas para facerse co proxecto, resultando a máis ventaxosa para o Concello a formulada por Construcciones Abilleira, cunha rebaixa no prezo de licitación de 20.911 euros. O financiamento farase con cargo aos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A obra que se vai a levar a cabo é unha das máis esperadas polos veciños da Torre, que demandaban dende hai anos unha solución para este conflitivo punto da rede viaria, pois supoñía un risco tanto para a circulación rodada -ao formarse un pescozo de botella nunha curva sen visibilidade-, coma para os peóns -que nas actuais condicións teñen que camiñar por unha vía moi estreita e sen beirarrúas nin arcéns-.

Características da actuación
O proxecto a executar consiste na apertura da curva e ensanche do vial. Para o primeiro demolerase a vella vivenda situada sobre a curva, adquirida polo Concello por 10.000 euros, e para o segundo retranquearase o muro que delimita unha das marxes da calzada, grazas aos terreos conseguidos de balde polo Concello tras as xestións realizadas cos propietarios.

O muro a retranquear axustarase á aliñación prevista no PXOM nunha lonxitude de 97 metros, o que permitirá gañar o espazo suficiente para ampliar a vía e dotala dunha beirarrúa para que os peóns poidan transitar de forma máis segura. O proxecto prevé tamén o soterrado dos cables do tendido eléctrico, a colocación de catro luminarias e o acondicionamento do acceso á primeira das vivendas situada tras a curva. Por último, pavimentarase a calzada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -