_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
comezan os traballos de renovación da cuberta da grada de preferente do campo da Lomba

A empresa adxudicataria da obra de reforma da cuberta da grada de preferente do campo da Lomba comunicou onte ao Concello que os traballos comezarán o vindeiro luns, 4 de novembro. A primeira semana dedicarase á instalación de andamiaxe, polo que os clubs usuarios do campo municipal, Arosa S.C e Atlético Arousana, poderán seguir usando o campo ata o seguinte luns, 11 de novembro. Cando deberán trasladarse a outras instalacións municipais, como xa estaba falado. O Concello destina a esta obra 128.984 euros do Plan Concello da Deputación.
01.11.2019.- Segundo a planificación realizada pola adxudicataria da reforma, Construcción, Efidicación y Viales S.L., a primeira semana, os traballos da primeira semana consistirán no acopio de material e montaxe dos andamio ao redor da grada. Isto permite que os clubs poidan continuar utilizando o terreo de xogo, e mesmo xogar os partidos previstos para a fin de semana do 9-10 de novembro, coa única limitación de que a grada de preferente estará pechada ao público que deberá acomodarse nas outras.A partir do día 11 levaranse a cabo a desmontaxe da vella cuberta, traballos que realizará unha empresa autorizada dada a presenza de amianto nos materias. Calcúlase que esta fase teña unha duración aproximada de tres semanas, tras as cales, comezará a colocación da nova cuberta. A dirección de obra avaliará entón si é factible volver a utilizar o campo para a práctica deportiva ou si haberá que esperar ao remate definitivo dos traballos.

En calquera caso, tanto as directivas do Arosa como do Arousana coñecían o proxecto de antemán e eran coñecedores de que as obras implicarían pechar o campo durante algún tempo. Aínda que en principio, pensárase en facer a sobras durante os meses de verán a celebración do partido do Celta Lille e outras circunstancias demoraron estes plans. A Fundación de Deportes puxo a disposición dos clubs outras instalacións municipais (Manuel Jimenez e o campo municipal de Vilaxoán) para que poidan manter a súa actividade. Para isto haberá que compatibilizar os seus calendarios de competición cos dos clubs usuarios destes campos.

Unha nova actuación do Plan de Mellora das Infraestruturas Deportivas Municipais

A obra que se vai a acometer consiste na restauración e reforzo da estrutura que soporta a cuberta da grada. Para isto eliminarase o óxido e trataranse os piares para sanealos e reforzalos convenientemente. A actual cuberta será desmontada por unha empresa autorizada e seguindo os procedementos establecidos pola lexislación vixente ao tratarse de materiais que conteñen amianto. Por último, instalarase a nova cuberta de paneis de chapa grecada. A xeometría e as características construtivas do novo tellado serán similares á da grada principal ou de tribuna. A actuación tamén prevé a instalación de pasamáns e varandas protectoras nas zonas de escaleiras.

Esta obra enmárcase no plan de mantemento e mellora das infraestruturas deportivas que leva a cabo o Concello a través do cal tamén se cambiou a herba artificial do campo municipal de Vilaxoán e está a piques de comezar a reparación da cuberta do pavillón de Faxilde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -