_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Acométese unha nova mellora na rede de saneamento, nesta ocasión en Trabanca Sardiñeira

O plan de renovación e mantemento da rede municipal de saneamento que leva a cabo o Concello de Vilagarcía de forma continuada chega estes días a Trabanca Sardiñeira, onde se está a substituír a canalización deste servizo nunha zona que estaba a rexistrar numerosos problemas entre a Rúa Nova e Fondo de Vilas. Os traballos comezaron onte e rematarán esta mesma semana.
05.11.2019.- A actuación que se está a levar a cabo afecta a un tramo duns 30 metros de lonxitude nos que se retirará a vella tubaxe de cemento para instalar unha nova de PVC máis resistente. A antiga canalización estaba dando problemas de xeito reiterado e atopábase moi deteriorada debido aos parches cos que contaba por reparacións puntuais de diferentes de roturas sufridas nos últimos dous anos. Ante esta situación, optouse por cambiar o tramo completo, de forma que se eviten novas roturas e se garanta a correcta prestación do servizo.
Os traballos, que comezaron onte, están sendo executados por persoal municipal do Servizo de Obras, e está previsto que rematen ao longo desta mesma semana, quedando pendente o asfaltado para cando mellore o tempo.
A seguinte actuación do plan de mantemento do saneamento municipal afectará a un tramo da Rúa San Roque, en pleno centro da cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -