_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os participantes no plan gratuito de emprego para mozos de 16 a 30 anos recibirán unha tablet de agasallo

As concellerías de Xuventude e Empego do Concello de Vilagarcía informan de que os mozos e mozas que participen no programa de emprego “Yo Emprendo Galicia” serán agasallados cunha tablet ao remate da formación para que a utilicen como ferramenta básica á hora de levar a cabo operacións para a posta en marcha do seu proxecto empresarial como para a busca activa de emprego. A participación é gratuíta e aínda quedan algunhas prazas libres. O prazo de inscrición remata mañá, xoves 7 de novembro, polo que os interesados están a tempo de inscribirse acudindo á Concellería de Xuventude ou a través da web http://www.yoemprendogalicia.com
05.11.2019.- Os únicos requisitos que se esixen para poder participan neste programa de emprego son que os interesados sexan persoas desempregadas de entre 16 e 30 anos e que estean inscritas no Rexistro de Garantía Xuvenil.
As concellerías de Emprego e Xuventude promoven esta nova iniciativa de creación de emprego desenvolta a través da Rede Araña, que aglutina a entidades polo emprego de toda España, e financiada a través do Fondos Social Europeo.

O programa estrutúrase en 50 horas de formación teórico-práctica, máis 10 horas de titorías individuais para cada participante e outras 20 horas de sesións de méntoring dirixidas por especialistas nos sectores ou campos profesionais que demanden os participantes. Con esta completa acción formativa póñense a disposición dos asistentes as ferramentas necesarias para mellorar a súa empregabilidade e que poidan acceder ao mercado laboral por conta propio ao allea.

Unha vez formado o grupo, a formación presencial impartirase do 11 ao 22 de novembro do Auditorio de Vilagarcía en horario de 9 a 13 horas. Rematada esta etapa comezarán as titorías e as sesións de méntoring que se desenvolverán de decembro a febreiro
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -