_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O mercado sustentable de Nadal ábrese á participación dos artesáns e do comercio local

Os comerciantes e os artesáns locais poderán participar no Mercado de Nadal que se celebrará nas rúas do casco urbano de Vilagarcía entre o 20 de decembro e o 5 de xaneiro. A organización do evento baseado na sustentabilidade, a economía circular e de proximidade e o respecto ao medio ambiente, reservará un número determinado de casetas para que vendedores da cidade tamén poidan ofertar os seus produtos navideños no marco deste fermoso entorno, que se ambientará imitando a estética dos mercadiños de Nadal europeos e mediante a utilización de materiais naturais e reciclados. Os interesados xa poden inscribirse e solicitar información a través do link https://forms.gle/TZHg4hFc7WdBhXz5A
09.11.2019.- A Concellería de Promoción Económica promove a celebración deste evento coa finalidade de sensibilizar a poboación sobre o consumo responsable e sustentable en Nadal e con catro obxectivos principais: Engadir un atractivo máis a oferta navideña da cidade, atraer xente a Vilagarcía, dinamizar a actividade comercial e hostaleira e completar a ambientación e decoración das rúas. A organización do Mercado de Nadal corre da man dunha empresa especializada na montaxe deste tipo de eventos temáticos.

O Mercado de Nadal de Vilagarcía comporase de 16 casetas de madeira decoradas con iluminación e elementos naturais (guirnaldas, coroas, centros de Nadal) feitas con restos de poda do Concello. Nelas ofertaranse produtos típicos do Nadal: árbores e decoración de Nadal, gastronomía de Nadal, regalos e artesanía…, sempre de produtores de proximidade. Tamén se habilitará unha ludoteca infantil da que se poderá facer uso cos tickets de compra no comercio local.

O Mercado de Nadal de Vilagarcía non se limita á actividade comercial, posto que tamén se desenvolverán nel numerosas actividades de sensibilización sobre a reciclaxe ou a alimentación saudable. Haberá obradoiros para amosar á poboación cómo os residuos (papel, plástico, vidro) poden ter unha segunda vida grazas a reciclaxe, e contarase coa presenza dunha nutricionista que, ademais de dar indicacións para comer mais saudable durante o Nadal, ofrecerá aos visitantes a posibilidade de degustar as súas receitas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -