AVISOS
Os controis periódicos de velocidade regresan ás rúas da cidade do 13 ao 17 de novembro A Policía Local de Vilagarcía segue a desenvolver a campaña de control de velocidade nas rúas e estradas urbanas do municipio coa finalidade de sensibilizar aos condutores sobre o respecto aos límites establecidos e tratar así de aumentar a seguridade viaria e reducir a siniestralibidade. As medicións realizaranse nunha decena de vías entre o 13 e o 17 de novembro.
13.11.2019.- Os controles realizaranse, como de costume, a diferentes horas do día nas avenidas de Pontevedra, Rubiáns, Cornazo, Vilanova e as Carolinas e nas rúas Valle-Inclán, Valentín Viqueira, Montiño e Vilar (Bamio). Son as rúas habituais nas que se seo instalar o radar móbil debido a que, polas súas características, son zonas nas que os condutores soen sobrepasar os límites establecidos, supoñendo un risco para a circulación rodada, pero especialmente para os peóns, posto que se trata de vías urbanas moi transitadas por camiñantes. A Policía informa periodicamente sobre a realización dos controis de velocidade para advertir aos condutores, de xeito que o simple aviso provoque un efecto positivo ao conseguir unha maior atención sobre o respecto aos límites.