CONCELLO
O Concello asina co Banco Sabadell o crédito de 550.000 euro incluído nos orzamentos de 2019 O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, asinou esta mañá no Concello o crédito recollida nos Presupostos Municipais de 2019. A operación, por importe de 550.000 euros contratouse co Banco Sabadell, entidade que presentou a proposta máis vantaxosa para o Concello coa oferta dun tipo de interese fixo do 0,15%. Con estes cartos financiaranse investimentos como a compra dos terreos da desembocadura do Con, a realización de obras de saneamento e accesibilidade, ou a mellora da rede wifi nas instalacións municipais, entre outras.
14.11.2019.- A partida mais importante a financiar con cargo ao préstamo corresponde á dos 130.000 euros destinados á adquisición do denominado “triángulo” da desembocadura do Con. A parcela con fronte á avenida Valle-Inclán aproveitarase para construír baixo terra un tanque de tormentas que reduza o risco de inundacións e para habilitar un aparcamento público e en condicións na superficie.
Tamén se destinan partidas á realización de obras, como os 50.000 euros para acondicionamento de camiños veciñais no rural, 50.000 máis para renovacións nda rede de saneamento e outros 47.000 euros para obras de mellora de accesibilidade nas vías públicas.
En materia de equipamentos destínanse 80.000 euros á compra dun vehículo guindastre para a Policía Local. E no apartado de informática destínanse 76.900 euros do crédito á actualización licencias, software e mantemento da plataforma informática central do Concello, 50.000 á compra de pantallas e equipos informáticos para distintos servizos e departamentos municipais e 30.000 á mellora da wifi e equipos en edificios instalacións municipais.