CONCELLO
O Plan Concellos subvenciona gastos correntes do Conservatorio, a Fundación de Deportes e a Escola de Música Tres servizos municipais do Concello de Vilagarcía -o Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, a Escola de Música e a Fundación de Deportes- volven a contar este ano cunha achega económica do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial para contribuír ao pago de parte dos seus gastos correntes. A través da liña 2 do programa de axudas correspondente ao ano 2019, o organismo provincial condeceu unha suma total de 33.681 euros para pagar gastos de limpeza, aseo e consumo eléctrico nestes tres servizos. Ademais, este ano o denominado Plan Concellos tamén subvencionou ao Clasclás cunha achega de 30.645,58 euros para financiar gastos derivados da celebración do festival.
19.11.2019.- A liña 2 do Plan Concellos ten como obxectivo financiar gasto corrente novo. Neste suposto entran os 9.500 euros concedidos á Escola Municipal de Música Bernardo del Río; os 18.181 ao Conservatorio Profesional de Música e os 6.000 que recibe a Fundación Municipal de Deportes.
Pola súa banda, o festival Internacionald e Múisca Clásica de Vilagarcia, o Clasclás, recibiu taméne ste ano unha axuda de 30.654,58 euros para colaborar no financiamento dos gastos correntes dereivados la celebración do evento.