_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
Persoas Maiores organiza un curso sobre o uso do móbil e as súas aplicacións a través de internet

A Área de Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía pon en marcha una nova acción formativa para facilitar o coñecemento e o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación por parte cos veciños de maior idade. O departamento que dirixe Tania García organiza un curso sobre o uso do teléfono móbil e o computador coa intención de que os maiores de 60 anos poidan sacarlle o máximo rendemento aos seus dispositivos para a realización de tarefas cotiás, rompendo así a brecha dixital que afecta especialmente a este sector da poboación. O curso é gratuíto e os interesados poden inscribirse xa nas dependencias da Concellería.
19.11.2019.- A través deste obradoiro, os asistentes aprenderán cuestión básicas sobre o uso dos seus dispositivos móbiles, que lles permitirán relacionarse e comunicarse a nivel persoal e coas administracións, así como realizar trámites relacionados co ocio ou a vida cotiá, como comprar unha entrada para ir ao cine por internet ou pedir a compra a domicilio a un supermercado.
No curso aprenderán cousas tan sinxelas como axustar o volume do teléfono, usalo para escoitar a radio, usar os auriculares, gardar números na axenda e a comunicarse por mensaxe o whatsapp. Tamén aprenderán a identificar as iconas, a acceder a internet, ou a sacar, gardar e enviar fotos e audios.

O obradoiro tamén fará unha introdución ao uso do computador para que os maiores saiban abrir e usar unha conta de correo electrónico, usar os buscadores de internet para procurar información, e mesmo facer algún trámite a través de internet, como pedir cita no médico.

O curso comeza o 25 de novembro e se impartirá no Auditorio en horario de mañá en días alterno,s do 25 de novembro ao 20 de decembro. Os interesados poden inscribirse ns dependencias da Concellería ata o día 22 de novembro ou ata que se cubran as 20 prazas dispoñibles, que se adxudicarán por rigorosa orden de inscrición.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -