_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía acolle a entrega dos Premios Gran de Area concedidos polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Apenas unha semana despois de ter acollido a gala dos Premios Magnum do Viño Galego, Vilagarcía volve a ser elixida para a celebración doutro gran evento autonómico, neste caso a entrega dos Premios Gran de Area do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O acto, que presidirá o alcalde, Alberto Varela, terá lugar o venres, 22 de novembro, ás 20.00 horas no Salón García, e contará coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; do deputado provincial de Infraestruturas e Vías da Deputación de Pontevedra, Luis Agís; da decana e presidenta da COAG, Elena Ampudia; e do presidente da delegación de Pontevedra da COAG, Anselmo Villanueva.
21.11.2019.- As delegacións de Pontevedta, Vigo e Ourense da COAG entregan mañá en Vilagarcía os Premios “Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2019”. Estes galardóns son una aposta coa que a entidade colexial recoñece e destaca o traballo de arquitectos, promotores, construtores e aparelladores, así como a labor de equipo que realizan co obxectivo de lograr obras arquitectónicas de calidade. Nesta edición dos premios presentáronse 75 proxectos (40 propostas executadas na demarcación da delegación de Vigo, 24 na de Pontevedra e 11 na de Ourense), resultando premiadas 14 das actuacións.

O xurado dos premios, composto por membros do COAG e profesionais colexiados de renome, manifesta na acta do fallo a súa satisfacción ao corroborar o incremento das obras presentadas respecto a edicións anteriores, e a constatación da gran calidade de todas elas que, “premiadas ou non, son testemuña do bo facer, do talento e do esforzo agochado tras cada traballo. Un resultado que reúne o mellor dos e das arquitectos , pero tamén de todos os axentes de obra que os acompañan: aparelladores, promotores, enxeñeiros, construtores e incluso artesáns da madeira e do metal, entre outras”.

Ademais das xa comentados, asistirán ao acto outras autoridades locais e autonómicas, como a directora xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas; a concelleira de Urbanismo e Mobilidade de Vilagarcía, Paola María; o director do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, Miguel Fernández Cid; o delegado de Pontevedra do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos técnicos e Enxeñeiros da Edificacións de Pontevedra, Manuel Raño; a concelleira de Urbanismo e os edil de Mobilidade do Concello de Ourense, Sonia Ogando e José Miguel Caride, respectivamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -