_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Vilagarcia berra “So si é si” durante a campaña do 25N contra a violencia machista

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía presentou esta mañá os actos a desenvolver con motivo do 25N, día Mundial contra a Violencia de Xénero. O Concello súmase un ano máis á campaña xeral “En negro contra a violencia” que vestirá de loito edificios, empresas, escaparates de comercios, clubs e actos deportivos en sinal da dor polas vítimas. Ademais, como lema deste ano, os vilagarciáns berrarán “So si é si” para concienciar á poboación sobre o respecto á muller e como condena ás agresións sexuais.
22.11.2019.- A campaña, que xa leva uns días en marcha, ten unha fase de presenza pública nas rúas para o cal a Área de Igualdade distribuíu numeroso material entre empresas, comercios, clubs deportivos, centros educativos e entre a poboación en xeral. O material, todo de cor negro, leva sobre impreso en branco o título xenérico da campaña “En Negro cotra a violencia” ou “espazo libre de violencia”. Son carteis, peanas, camisetas, pulseiras e pegatinas.
A campaña tamén estará presente nas rúas do municipio a través da publicidade impresa nun autobús urbano; e en pasos de peóns e prazas e rúas, cos grafitis pintados sobre o chan chamando a atención sobre a causa do 25N.

A segunda fase da campaña céntrase nos centros educativos do municipio, cos que a Área de Igualdade traballa de xeito continuado durante todo o ano, pero que intensifican nestas datas as actividades. Para a concelleira de Igualdade e a responsable do CIM; traballar coa mocidade é a pedra angular para acabar coa violencia de xénero de forma efectiva, traballando conciencias dende idades temperás e modificando condutas nocivas que detectadas a tempo.

Os centros educativos celebrarán o luns, 25N un acto conxunto no Auditorio Municipal a partir das 11 da mañá, onde exporán unha selección dos seu proxectos e traballos contra a violencia de xénero e a favor da igualdade. Haberá audiovisuais, un mural, e a interpretación de temas musicais moi significativos como “humanamente” de Ses ou “Coida de min” de Guadi Gallego.
Tamén se instalará un fotocol na rúa coa imaxe e lema da campaña para que toda persoa que o desexe se tome unha foto e a colgue nas redes sociais para dar maior visibilidade ás reivindicacións do 25N.

Äs 12.30 horas os actos trasladaranse á Praza de Ravella onde unha representante do Consello local da Muller, Ángeles Conde, lerá o manifesto elaborado polo Consello e refrendado polo Pleno da Corporación por unanimidade de todos os grupos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -