_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A mostra “Rexas, mulleres baixo o terror franquista” chega o ao auditorio municipal

O Departamento de Memoria Histórica da Deputación Provincial de Pontevedra organiza a exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”, que chega a Vilagarcía o vindeiro sábado, 30 de novembro, e que se poderá visitar na sala de exposicións do Auditorio ata o 14 de decembro. A mostra recolle as historias de 172 mulleres da provincia de Pontevedra que foron represaliadas tras o golpe do 1936, algunhas asasinada, outras perseguidas e as máis humilladas.
25.11.2019.- En total, "Rexas" fala de 172 mulleres, 90 delas incluídas nalgunha das 80 imaxes que recollen os paneis, con inclusión de historias de todas as comarcas da provincia. A selección das mulleres mestura nomes máis coñecidos, como os de Urania Mella, María Gómez, Josefa García Segret, Placeres Castellanos ou Josefina Arruti, con outros máis anónimos, na maioría de perfil humilde, que tiñan máis risco de ficar no esquecemento. Así, xunto as mulleres máis fáciles de atopar na bibliografía da temática, inclúense biografías ata o de agora inéditas como a de Dolores Buján (Cuntis), Asunción Berea (Marín) ou Elena Valverde (O Porriño).

Conscientes de que faltan moitos nomes de pontevedresas represaliadas, en Rexas intentouse seleccionar casos representativos das distintas tipoloxías de castigo sen deixar fóra ningunha comarca, tendo en conta as especificidades da represión sufrida polas mulleres galegas de toda condición social, e cunha idea básica, a de transmitir ao público que “co golpe de Estado fascista, todas as mulleres perderon, porque deixaron de ser consideradas cidadás para quedar entre as reixas dun réxime que só as visualizaba como nais e esposas. No golpe de Estado fascista, toda a sociedade foi vítima”.
Na exposición poderanse coñecer as historias de oito mulleres "sobreviventes", mulleres de fuxidos, de asasinados, de presos, que viron como a súa vida quedaba truncada pola represión sobre os homes e que se viron obrigadas a convivir cos responsábeis, que en moitos casos as sometían a continuos rexistros, depuracións ou abusos.

Con elas, na mostra tamén se fala das mulleres asasinadas na provincia de Pontevedra, das que ficaron presas por parentesco ou po mor da súa ideoloxía e a súa militancia en agrupacións políticas e sindicais. Fálase das mestras, das exiliadas e tamén das mulleres rexas que, a pesar de todo o sufrido foron resistentes e transmitiron a memoria do que pasou ás xeracións seguintes.
A exposición abrirá as súas portas en Vilagarcia na sala de exposicións do Auditorio o venres ás 19 horas, nun acto que inclúe unha charla sobre “A represión das mulleres tras o golpe de Estado do 36”, que impartirá Montse Fajardo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -