_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Fexturrón! abre ás portas ao divertimento de Nadal con atraccións, tobogán xigante e pista de xeo

O divertimento está garantido en Vilagarcía durante as festas do Nadal cunha nova edición do Fexturrón! A feira de ocio converterá Fexdega nun gran parque de atraccións de temática navideña na que público de todas as idades, pero especialmente o máis novos, gozarán dun senfín de actividades gratuítas e de pago entre as que destacan a pista de patinaxe de xeo natural, o tobogán xigante, ous carruseis e autos de choque, as colchóns, os obradoiros e os espectáculos de maxia. O Fexturrón! abre as súas portas este sábado, 30 de novembro, ás cinco da tarde e permanecerá en funcionamento ata o 6 de xaneiro.
28.11.2019.- As concelleiras de promoción Económica e de Cultura, Alba Briores e Sonia Outón, presentaron esta nova edición do Fexturrón!, unha iniciativa e unha marca creadas hai catro anos co obxectivo de proporcionar unha alternativa de ocio e esparexemento ás familias durante as vacacións do Nadal que non se vira impedida polas condicións meteorolóxicas propias desta época do ano. O evento contou cunha excelente acollida por parte do público e foi medrando ano tras anos. Hoxe é unha cita consolidada na programación de Nadal que o Concello segue a potenciar, neste caso facendo un maior esforzo na ambientación e decoración do evento, tanto no interior, como no exterior de Fexdega.

O Fexturrón contará este ano cun tobogán de xeo xigante e cunha pista de xeo natural de 450 metros cadrados de superficie, a máis grande ata o de agora instalada en Fexdega. No apartado de atraccións clásicas contará cun scalextric, un carrusel de cadeas, cabina de realidade virtual, autos de choque, camas elásticas, inchables e colchóns de jamping, entre outros.

Actividades gratuítas

Ademais o Fexturrón! inclúe unha intensa programación de obradoiros e actividades de dinamización, todas elas de carácter gratuíto. Todos os días haberá, xogos, obradoiros de diferente temática, espectáculos de maxia e contacontos.
O espazo de recreo e lecer completarase con postos de churros, cafetería, crepería e tenda de chucherías

PREZOS DAS ATRACCIÓNS:
Pista de xeo: Entrada xeral, 7 euros. Bono de 10 entradas, 54 euros. Tarifa plana, 10 euros. Prezos especiais para centros escolares e colectivos.
Tobogán de xeo: Prezo único para 6 tickets, 5 euros.
Combinado pista de xeo máis tobogán: 10 euros por un pase na pista de xeo e 4 tickets do tobogán.
Atraccións: Prezo único de 8 tickets a 6 euros.

HORARIOS
O Fexturrón! abrirá todos os días do 30 de novembro ao 6 de xaneiro (incluídos)
A zona de xeo (tobogán e pista de patinaxe) abrirá todos os días en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 17 a 22 horas).
O parque de atraccións e as actividades gratuítas desenvolveranse unicamente en horario de tarde (de 17 a 21 horas)
Horarios especiais para os días 24 e 31 de decembro, nos que se adianta o peche ás 19 horas, e para o 25 de decembro e 1 de xaneiro, nos que so abrirán as atraccións de xeo en horario de tarde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -