_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
O alumnado do Labora Xove fórmanse sobre a tradición do barrio e a elaboración de louza como recurso turístico

A etnografía en xeral e a actividade da loucería en particular son un recurso turístico a explotar en Vilagarcía. Con este obxectivo, o módulo de atención turística do obradoiro de Emprego Labora Xove formará ao seu alumnado sobre a tradición da loucería no noso municipio e a súa contorna. Con este obxectivo, o luns recibirán unha charla a cargo da historiadora Beatriz Comendador e pola tarde coñecerán a labor realizada pola asociación de mulleres rurais de Bamio.
29.11.2019.- A actividade a desenvolver o luns leva por título “A louza de Bamio e a paisaxe cultural do barro. Arousa/Ulla”. Comezará ás 10 da mañá coa charla que impartirá a docente da Universidade de Vigo, Beatriz Comendador, na aula CEMIT do Centro Municipal de Formación permanente de Matosinhos. Xa pola tarde, io alumnado e os seus profesores trasladaranse a Bamio para coñecer o traballo que desenvolvido neste campo pola asociación de mulleres rurais desta parroquia coñecer o pequeno museo que foron organizando sobre louceiros.

Con esta xornada preténdese que o alumnado do obradoiro adquira os coñecementos necesarios sobre turismo etnográfico e a actividade da loucería en concreto para deseñar un produto turístico poder a enmarcar no Roteiro do Pai Sarmiento, cumprindo así un dos obxectivos marcados no programa do Labora Xove 2019.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -