_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A terceira edición do Clasclás bota a andar coa convocatoria do YAP e volve a contar coa Sinfónica de Galicia

O Concello de Vilagarcía de Arousa vén de comezar a conta atrás para a celebración da terceira edición do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o Clasclás, que se desenvolverá do 1 ao 10 de xullo de 2020. Ademais de dar a coñecer as datas, na presentación oficial do certame celebrada no Concello, confirmáronse os nomes dos artistas-mentores, convocouse a nova edición dos YAP (Young Artists Program) coa apertura do prazo de inscrición, fíxose público o cartel e confirmouse que o Clasclás contará por segundo ano consecutivo coa participación estelar da Orquestra Sinfónica de Galicia, que volve a avalar a calidade do festival vilagarcián coa súa presenza.
30.11.2019.- Á presentación do Clasclás contou coa presenza da concelleira de Cultura, Sonia Outón; do edil de Educación, Argimiro Serén; da directora do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía e responsable técnica do festival, Rosina Sobrido; o adxunto á dirección artística, Pablo Vidal; e o presidente da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, José Luis Sanz. O director artístico, Guy Braunstein participou vía telefónica por atoparse no estranxeiro.

A participación nos YAP está aberta a músicos noveis nados a partir de xaneiro de 1985 e cuxos currículos avalen xa un elevado nivel interpretativo nas modalidades instrumentais e vocais establecidas nas bases. Piano, violín, viola, cello, contrabaixo, guitarra frauta, óboe, clarinte, fagot e trompa son as especialidades instrumentais, ás que se suman as vocais de soprano, mezzo, tenor, barítono e baixo. Como novidade desta no, tamén se introduce a modalidade de ensembles, que poderán participar como dúos, tríos, cuartetos e quintetos.

Un xurado presidido por Gay Baraunsteime e por membros do Conservatorio farán a seleccións da trintena finalistas que participarán no YAP 2020 en base aos currículos e a calidade interpretativa dos mesmos.

Os artistas que, ademais de tocar no Clasclás, actuarán como mentores nos YAP son, o director artístico do festival, o prestixioso violinista Gay Braunstein, Clara-Jumi Kang (violín), Jesús Reina (violín), Maxim Rysanov (Viola), Alisa Weilerstein (cell), Zvi Plesser (cello), Sinwook Kim (piano), Gili Schwarzman (frauta) e David Fernández (trompa).

O YAP ten unha primeira vertente, a formativa, mediante a cal os músicos noveis reciben formación especializada de músicos consagrados. Durante a súa estancia en Vilagarcía, becada polo certame, aprenden e ensaian os temas de música de cámara que, posteriormente interpretarán en concertos abertos ao público, a maioría deles de carácter gratuíto, estendéndose así a súa vertente social.

O programa educativo complétase con masterclalses, workshops e o Clasclás Summit, sesións de coaching, conferencias mesas redondas dedicadas a aspectos diversos e necesarios para o desenvolvemento dunha carreira profesional musical e de ámbito internacional.

O ano pasado solicitaron participar no YAP algo máis de 200 músicos procedentes dos cinco continentes do mundo e das máis prestixiosas escolas e centros de ensino musical do mundo. Moitos dos cales xa forman parte de grandes orquestras. A organización espera superar este ano a cifra dada a impresionante evolución que está a ter o Clasclás nos círculos especializados tanto a nivel nacional como internacional e que queda patente nas numerosas chamadas e mails que recibe o Conservatorio solicitando información sobre a inscrición.

A director da do Conservatorio destacou o papel preferente que o Clasclás da ao talento local e, de xeito especial aos alumnos do Conservatorio Municipal, aos que se lles facilita a oportunidade de asistir ás actividades educativas e de presenciar o traballo dos mentores e dos YAP. Incluso ex alumnos do centro e doutros conservatorios galegos que agora están recibir formación superior tamén participaron no Clasclas como YAPs.

En canto á vertente social e pública do Clasclas, como vén sendo habitual, a dirección do festival deseñará un amplo e intenso programa de concertos, a maioría deles gratuítos, e que se desenvolverán do 1 ao 10 de xullo en diversos espazos da cidade. Haberá varias actuacións cada día, comezado polo concerto inaugural que ofrecerá a Sinfónica de Galicia do Auditorio Municipal, e a música de cámara volverá a inundar espazos de gran beleza e historia, como os pazos de Rubiáns e da Golpelleira, as igrexas de Santiago Apóstolo de Carril ou de San Martín de Sobrán, en Vilaxoán e tamén ouros como a Praza da Peixería o Salón García.

A concelleira de Cultura, Sonia Outón, fixo referencia ao cartel do YAP deste ano para apuntar que, como todo bo prato que se prece o Clasclás é o resultado de usar os ingredientes de máis calidade e dunha cocción longa e lume lento para potenciar ao máximo todos os seus sabores e deixar o gran sabor de boca que nos queda tras cada edición. Outón agradeceu o intenso traballo realizado durante todo o ano por todas as persoas implicadas na organización do certame “porque a preparación dunha edición comeza xusto cando remata a outra, non hai tempo ao descanso”.

O concelleiro de Educación, puxo de relevo que “o Clasclás é moito máis que un festival de música. É un proxecto de cidade que fai partícipe del a todos os veciños e sectores produtivos da cidade e que ten repercusión tanto no eido musical, cultural e formativo, como na dinamización do turismo cultural e na potenciación da imaxe de Vilagarcía fora nas nosas fronteiras e como sinónimo de grandeza e calidade”. Para Serén, “o Clasclás é algo polo que os vilagarciáns debemos de sentirnos moi orgullosos”.

Por último, a directora do Conservatorio Municipal, fixo fincapé na importancia de que o Clasclás sexa un produto “propio de Vilagarcía e único no mundo”, coa “rareza” de ser un proxecto nado dende un Conservatorio Profesional dependente de un Concello e que sexa unha administración pública quen o promova e financie. “E máis valor ten aínda que sexa unha administración local, un Concello, que aposte tan forte por este proxecto”. Sobrido apuntou que sen este apoio incondicional do Concello sería imposible acadar a implicación doutras administracións, como a Deputación provincial, e doutros sectores da sociedade local, especialmente o de empresas e negocios que patrocinan e colaboran no evento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -