_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello xestiona ante costas a recuperación da senda litoral entre Carril e Bamio e propón ampliala ata Catoira

Un dos proxectos máis ambiciosos e potentes que o concelleiro de Turismo de Vilagarcía, Álvaro Carou, pretende poñer en marcha no actual mandato é o da creación dunha senda peonil que permita percorrer o litoral dende Carril ata Catoira. A idea xa se presentou ante a Xefatura do Servizo Provincial de Costas que enviará aos seus técnicos a estudar o terreo para examinar o trazado e deseñar unha proposta viable en base aos requirimentos da actual Lei de Costas. Trátase dun proxecto poliédrico que encaixaría con varias iniciativas turísticas xa en marcha na contorna.
A firme aposta de Carou sobre esta iniciativa xustifícase en obxectivos turísticos e medioambientais. Independentemente do propio atractivo que a ruta tería pola beleza natural e paisaxística que supón remontar a beira do río dende a súa desembocadura en Carril e pasar polos Lombos do Ulla, contar con este novo recurso a pé do Parque Nacional das Illas Atlánticas e coa posibilidade de coñecer Cortegada, ofrécelle unha singularidade e un valor engadido difícil de igualar. A maiores, esta senda permitiría facer a pe parte do último tramo do remonte marítimo fluvial Xacobeo e seguir o roteiro dos cruceiros que a sinalan río arriba, dende Cortegada, no Mar de Arousa.

Esta ligazón coa tradición Xacobea tamén a pretende aproveitar o concelleiro de Turismo, xa que a senda entre Carril e Catoira permitirá dar continuidade cun trazado moi atractivo e cheo de contido á Variante Espiritual e á Ruta Padre Sarmiento, promovidas dende a Mancomunidade do Salnés. Con elo preténdese que Vilagarcía sexa un punto de referencia tamén no turismo dos camiños a Santiago para o cal, outro dos proxectos do executivo de Alberto Varela para este mandato é a posta en marcha dun albergue de peregrinos en Carril no edificio inacabado da casa de cultura, cunhas excelentes vistas a Cortegada, a Ría de Arousa e a desembocadura do Ulla.

A última cara deste poliedro da senda litoral entre Vilagarcía e Catoira daría resposta ao gran proxecto no que traballa a asociación de municipios do Ulla, o colectivo nacido como consecuencia da experiencia do programa de sendeirismo de Goza do Ulla, e que pretende crear unha gran senda unindo todos os concellos das provincias da Coruña e de Pontevedra polos que discorre o río Ulla. Coa execución da iniciativa de Carou, o tramo de Vilagarcía quedaría cuberto.

A maiores do comentado, non cabe dúbida que completar a posibilidade de percorrer a pé todo litoral de Vilagarcía suporía un importante atractivo, tanto para os propios veciños como para atraer visitantes. Tendo en conta a próxima execución do paseo marítimo de Vilaxoán, de crearse esta nova senda poderíase ir camiñando dende O Rial ata Bamio sen perder a vista do mar, coa salvidade dun pequeno tramo en Sobrán e o do paso pola zona portuaria de Valle Inclán.

Por último, cómpre salientar a positiva repercusión medioambiental que tería a actuación que, ademais de recuperar para o goce público unha zona hoxe descoñecida e en desuso pese á súa gran beleza, permitiría rexenerar unha extensa zona do noso litoral.

O proxecto para crear esta senda peonil dende Carril ata a fronteira con Catoira aínda está en fase moi incipiente. Trátase dunha actuación moi ambiciosa que, tal como se expuxo na reunión que mantiveron o concelleiro de Turismo e a edil de Urbanismo, Pola María, co xefe de servizo de Costas en Pontevedra, podería executarse en dúas fases. A primeira entre a zona de A Rosa, en Cata chegar á praia do Campanario, en Bamio. E a segunda, dende aí ata o linde co municipio de Catoira.

Primeiro intento durante o mandado de Dolores García

A idea de crear unha senda entre Carril e Bamio non é nova. Xa no ano 2006 durante o mandato do bipartito presidido por Dolores García se iniciaran as xestións para dar continuidade ao paseo marítimo Vilagarcía-Carril cun novo traxecto que discorrería entre A Rosa e a praia de Bamio, pero daquela a iniciativa non chegou a prosperar debido a falta de acordo con algúns propietarios de terreos sobre os que sería preciso actuar.

Esa proposta non sería válida na actualidade debido aos cambios introducidos neste tempo na normativa de Costas e a cuxas especificacións deberá adaptarse o novo proxecto. Ademais, a idea que baralla o actual goberno socialista é a dunha actuación de menor impacto que a prevista entón. En lugar do modelo de paseo marítimo, agora óptase polo de unha senda máis estreita e con materiais naturais e acordes co entorno natural polo que discorrería. Pola contra, o proxecto de Carou é máis ambicioso en canto á lonxitude, posto que chegaría ata Catoira.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -