_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os Monicreques de Kukas celebran en Vilagarcía o seu 40 aniversario con “Alecrina”, unha obra de teatro musical para toda a familia

Como preludio das vacacións de Nadal, o vindeiro domingo, 15 de decembro, a compañía Os Monicreques de Kukas representará no Auditorio “Arlequina”, unha obra de teatro musical apta e aconsellable para todo tipo de público a partir de 2 anos de idade. Con este espectáculo, a compañía que ven de recibir o Premio da Cultura Galega na modalidade das Artes Escénicas, celebra os seus 40 anos facendo teatro en galego e con marionetas. A función comeza ás 18.00 horas. A entrada de adultos custa 5 euros, a infantil (ata 13 anos) 3 euros e a bonificada para desempregados, maiores de 65 anos e mocidade, 3 euros previa acreditación da condición coa tarxeta de desempregado, DNI e carné xoven, respectivamente.
09.12.2019.- Alecrina é unha folla de papel de periódico que se transforma nun paxariño ao que lle van sucedendo un senfín de cousas a través das cales, e contando coa axuda de Marchelino, un vello e estrafalario artista e titiriteiro, vai buscando a súa identidade. Con diferentes tipos de marionetas, seis actores en escena e cinco músicos interpretando música en directo, os Monicrekes de Kukas presentan un espectáculo moi coidado e traballado, cunha vistosa estética e cunha trama na que hai intriga, misterio e moita diversión. Trátase dun espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de marionetas e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura protagonizada por Arlequina.

O espectáculo chega a Vilagarcía grazas ao convenio de colaboración asinado polo Concello e a Agadic e a través da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

As entradas pódense adquirir de xeito anticipado a través de http://www.ticketea.com (máis custes de xestións) ou o día da función, a partir das 16.00 horas na billeteira do Auditorio.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -