_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A residencia Divina Pastora adquirirá o solar anexo para a futura ampliación do centro

A Fundación Asilo Hospitalillo Divina Pastora de Vilagarcía chegou a un acordo para adquirir o solar situado a carón da residencia co obxecto de levar a cabo unha futura ampliación da residencia situada na Rúa Ramón López Piñeiro. A operación, na que o Concello tivo un papel destacado como mediador entre as partes, consiste la compra de 680 metros cadrados de terreo por importe de 170.000 euros.O acordo abre a vía para que a Fundación poida levar a cabo no futuro a necesaria ampliación da residencia de anciás.
15.12.2019.- A Fundación Asilo Hospitalillo Divina Pastora é unha entidade de carácter privado rexida por un Padroado do que forman parte varias entidades, entre elas o Concello de Vilagarcía e a parroquia Santa Baia de Arealonga. A presidencia recae, segundo os estatutos, na Alcaldía do Concello, de aí que o alcalde, Alberto Varela se ofrecese a asumir as labores de mediación e negociación para a compra dos terreos propiedade de Abanca.

O solar ten unha superficie en planta de 680 metros cadrados que, segundo a cualificación urbanística parcela, permite acadar unha edificabilidade de 2.452 metros de superficie útil, o que supón un importante marxe de manobra para os plans de ampliación da residencia.

A residencia Divina Pastora conta actualmente con 100 prazas, das que 54 son de carácter concertado. O Concello de Vilagarcía tamén dispón dunha praza para casos de emerxencia social derivados dos Servizos Sociais Municipais.

Nos últimos anos, o centro foi obxecto de varias melloras. A máis importante a que se levou a cabo durante a presidencia do Padroado da alcaldesa, Dolores García, e que consistiu na reforma do segundo andar para adaptar as habitacións á normativa de accesibilidade e adecualas ás necesidades de usuarios de gran dependencia, e na dotación de mobiliario específico. Nesa obra investíronse 180.000 euros financiados a través da participación de Concello, Estado, Xunta, Deputación e unha achega de socios anónimos de do Club de Leones.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -