_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O listón de casamentos civís no Concello situouse en 2019 no nivel máis alto con 68 celebracións

O ano 2019 subiu o listón dos casamentos civís realizados no consistorio de Vilagarcía ao nivel máis alto xamais acadado, cun total de 68 celebracións. Con esta marca bátese o anterior récord de 2017, ano no que Ravella acolleu 64 vodas. Unha das constantes que se mantivo no ano que vimos de despedir é a do concelleiro máis casamenteiro, título que, por terceiro ano consecutivo, recae no socialista Lino Mouriño por presidir 17 celebracións. En canto ás preferencias das parellas, agosto e setembro foron os meses máis elixidos para contraer matrimonio no Concello. Ao ter concentrado 13 e 11 vodas respectivamente.
04.01.2020.- O Concello de Vilagarcía oficia matrimonios civís dende 1995, ano no que o modificación lexislativa, amplía ás administracións locais a potestade que anteriormente só tiñan os xulgados. A competencia de oficiar os casamentos civís nun Concello corresponde ao alcalde que, non obstante, pode delegar en calquera membro da Corporación por asuntos de axenda ou a petición expresa dos noivos. Como consecuencia a esta disposición, en Vilagarcía ofician matrimonios civís varios concelleiros da Corporación. En 2019 foron nada menos que 15 edís de goberno e oposición os que tiveron a oportunidade de presidir casamentos, estreándose incluso catro dos novos edís incorporados á Corporación tras as eleccións de A lista que encabeza Mouriño, complétana Paola María (con 13 vodas), Tania García (8), Álvaro Carou (7) e o alcalde, Alberto Varela (6), seguidos a certa distancia de Sonia Outón (4), Luz Abalo (3), Jesús López (2) e Alba Briones (2). Por último María Mosquera, Ana Granja, Argimiro Serén, Lucía César, José María González e Matilde Laya exerceron a potestade de oficiar casamentos civís nunha ocasión cada un deles.

De maio a outubro

As estatísticas demostran que as parellas tratan de evitar o frío e a choiva, posto que a meirande parte das vodas celebradas no Concello concentráronse entre primavera e outono. En concreto no semestre central do ano comprendido entre maio e outubro. E agosto foi o mes preferido con 13 vodas celebradas en Ravella, seguido de setembro (11) maio (9) e outubro (9). En xullo foron 7 as parellas que contraeron matrimonio no Concello, unha máis que en xuño (6), mentres que en abril e novembro o número de vodas reduciuse a 4, respectivamente. Febreiro e marzo acolleron 2 celebracións e decembro tan só 1. Xaneiro foi o único mes de 2019 no que non se celebrou ningún casamento civil no Concello.

14 reservas para 2020

O Concello de Vilagarcía leva 24 anos celebrando vodas civís. A primeira tivo lugar na primavera de 1995 e, dende entón, suman 855 as parellas que elixiron o consistorio para contraer matrimonio pola vía civil. E a tendencia parece continuar, xa que a tan só 2 días de ter comezado o ano, xa hai 14 parellas que reservaron data para casar en Ravella no ano 2020.

Voda administrativa ou cerimonial

Os noivos que elixen o Concello de Vilagarcía para casar poden optar pola voda administrativa ou pola cerimonial. As primeiras poden celebrarse de luns a venres en horario laboral do Concello e consisten na firma da documentación na Alcaldía. A voda cerimonial pode celebrarse polas tardes, fins de semana ou festivos. Teñen lugar no Salón Nobre e a escalinata principal do Concello cóbrese coa alfombra vermella.

Dende o ano 2007, as vodas cerimoniais conlevan a aplicación dunha taxa correspondente aos gastos de apertura do Concello fora de horario laboral e do persoal preciso para a posta a punto do salón nobre. Dende 2015, a taxa mantense 78,05 euros.

Tamén nesto das vodas civís cambian as modas e costumes. Duns anos cara aquí estanse a celebrar vodas cerimoniais tamén en días laborais, a petición dos noivos e cada vez son máis as parellas que optan por celebrar a cerimonia civil no mesmo lugar no que ofrecen o banquete, como pazos ou casas rurais. Debido a esta costume cada vez máis habitual, en 2016 comezouse a cobrar quilometraxe polo desprazamento do concelleiro que vaia a oficiar unha voda fóra do termo municipal. A suma será a que por convenio se paga aos traballadores do Concello: 0,19 euros por quilometraxe.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -