_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello concedeu en 2019 un 13% máis de licencias de construción que o ano anterior

A concesión de licencias de construción incrementouse un 13% en Vilagarcía no ano 2019, segundo se deduce da memoria anual de actividade do departamento de Urbanismo do Concello. En concreto, no ano que acabamos de pechar concedéronse 783 permisos de construción (obras maiores e menores), 90 máis que en 2018. Sumando os permisos de primeira ocupación (27) e de actividade (57), o Concello tramitou e aprobou o ano pasado un total de 867 licencias.
06.01.2020.- Dos 783 permisos para execución de obras, o número máis elevado correspondeuse co de “obras menores” -as que non precisan de realización de proxecto previo-, que xeraron 666 licencias, 89 máis que en 2018. Para obras maiores –as que si precisan da realización dun proxecto- concedéronse 117 autorizacións, 1 máis que o ano pasado.

Cómpre salientar que a categoría de obras maiores non se refire exclusivamente a edificios. Neste apartado entran as obras de maior envergadura e complexidade técnica, tanto edificios de nova construción de todo tipo (bloque de vivendas, vivendas unifamiliares, naves…), como obras de rehabilitación, construción de muros de contención, parcelacións e segregacións de terreos, acondicionamento de locais, construción de piscinas, etc…


No que respecta ao outro grupo de licencias, as máis numerosas foron as de actividades, xa que o Consello da Xerencia de Urbanismo concedeu un total de 57 permisos deste tipo o ano pasado, algo menos que no 2018, onde se chegara ás 100. No que se refire ás licencias de primeira ocupación en 2019 concedéronse un total de 27, 10 máis que no anterior período.

A concesión de licencias precisa dunha tramitación convenientemente regulada que implica diversos pasos, dependendo do tipo de permiso que se solicita, e os preceptivos informes técnicos para comprobar que o solicitado se axusta ás normas. Por iso, aínda que as licencias finalmente concedidas foron 867, os expedientes abordados polos servizos de Urbanismo superan este número, tendo en conta que hai solicitudes que non se chegan a conceder pero que precisan igualmente da pertinente tramitación e elaboración de informes, a maiores doutros trámites.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -