_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
XUVENTUDE
O Piñeiriño gaña o Concurso escolar de decoración sostible de Nadal, que tamén premia a Vagalume, Aralde e Anexo

O I Concurso Escolar de Decoración Sostible de Nadal convocado pola Concellería de Xuventude xa ten gañadores. O xurado, presidido pola concelleira Alba Briones, reuniuse onte para valorar os traballos realizados polos 14 centros educativos que concorreron ao certame e que decoraron as árbores do parque Miguel Hernández durante as pasadas festas. A proposta que acadou a maior puntuación foi a do CEIP Piñeiriño, que obtén o primeiro premio do concurso, seguido polas EEI Vagalume e a de Aralde, que reciben o segundo e terceiro premios respectivamente. O premio do voto popular foi para o Anexo Lomba.
10.02.2020.- Ademais, da concelleira de Xuventude, formaron o xurado técnicas dos departamentos municipais de Xuventude, Comunicación e Xardíns. Para a emisión do fallo prestaron especial atención a aspectos como a tipoloxía dos elementos utilizados para a confección dos adornos, especialmente si se trataba de materiais naturais ou reciclados, dado que se trababa de un concurso de decoración sostible. Tamén se valorou o deseño e a orixinalidade dos traballos e o contido didáctico do proxecto no seu conxunto.

Pinzas de madeira, piñas, culleres de pau, vasos e pratos de papel, cápsulas de café, tetrabriks, cunchas, botellas de PVC, lámpadas, CDs, paus de xelados, corchos e tapóns de botellas foron so algúns dos elementos e materiais utilizados como materias primas para a confección dos orixinais e simpáticos adornos realizados por todos os escolares.

Os colexios gañadores recibirán unha axuda económica que no caso do primeiro premio ascende a 300 euros, 200 no segundo e 100 no terceiro. Ademais, o premio popular, elixido en base aos votos depositados no buzón instalado no parque Miguel Hernández, está dotado con 150 euros. A maiores dos premios propiamente ditos, os demais colexios que se presentaron recibirán un incentivo de 75 euros pola súa participación e esforzo. Son os colexios de Vilaxoán, A Lomba, Rubiáns, Rosalía de Castro e Arealonga o Centro de Educación Especial, o centro escolar de BATA e as escolas infantís Vilar-Bamio e Solobeira.

A entrega dos premios realizarase nos vindeiros días no Concello nun acto conxunto.

A concelleira Alba Briones agradeceu a elevada participación dos centros escolares do municipio e a súa implicación no concurso que pretende promover os principios de sustentabilidade en todos os ámbitos da vida, potenciando valores como a reutilización o reciclado e a utilización de materiais naturais como xeito de coidar e preservar o medio ambiente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -